Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 10:40:25 horas

Xornal21.es
Jueves, 25 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Publicadas as bases para participar na XIII Feira dos Remedios

Cristina Fernández, concelleira responsable da organización de espectáculos e eventos, informa que xa están publicadas na web do concello de Ponteareas as bases que   rexerán a participación na XIII Feira Tradicional dos Remedios que terá lugar o 7 de setembro.


Como cada ano a Praza Bugallal, así como a súa contorna, acollerá entre as 10 e as 20 horas os postos dos artesáns e expositores participantes. Este ano a Feira ampliarase e chegará tamén ao parque da Feira Vella.
Todos os e as interesadas en participar deberán inscribirse clikando na seguinte ligazón https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfOzvLv-vnHcdsFd_BJAkS4Ty4DIWfGAs_Ado0yyw2NRhjxSQ/viewform


A data límite para inscribirse será o martes 16 de agosto. A organización da feira valorará tódalas solicitudes recibidas, comunicando o día 21 de agosto a participación ou non a cada expositor na XIII Feira dos Remedios, dándolle preferencia a expositores/as inscritos/as no rexistro de Artesáns de Galicia e a produtores/as locais que cumpran os requisitos de dispoñer da documentación necesaria para o desenvolvemento da súa actividade, así como a aqueles/as que fagan demostración do seu oficio.

 

 

 

 

A data límite para inscribirse será o 16 de agosto

 

 

 


É requisito imprescindible para os expositores vir ataviado con vestimenta de principios do século XX, sendo cada ano máis numeroso o público que ven caracterizado con roupa desta época.


As persoas interesadas poderán contactar coa organización no seguinte enderezo electrónico: feiratradicionaldosremedios@gmail.com ou chamando aos números de teléfono 600 685 573 / 673 080 865
As bases poderán ser consultadas na pestaña “Cultura” “bases cultura” da páxina web do concello ou clikando directamente nesta ligazón https://ponteareas.gal/servizos/cultura/bases-cultura/


Esta feira que recreará o ambiente comercial de principios do século XX congregará a artesás de produtos de alimentación, de tecidos, de complementos, de cosméticos ou de gando, entre outros produtos e servizos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.