Jueves, 30 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 22 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O PP solicita un pleno extraordinario para abordar os "incumprimentos en materia económica"

Os populares piden a revisión de oficio da facturación pendente de pago, que ascende a máis de 5 millóns de euros, e que se investigue a facturación rexeitada para proceder a elaborar a correspondente proposta de recoñecemento extraxudicial que facilite o pago a provedores

O grupo municipal do Partido Popular do Porriño solicitou un pleno extraordinario para abordar, coa pertinente documentación e informes, a situación económica na que se atopa nestes momentos o Concello.  

 

"Eva García está actuando con total prepotencia e soberbia, sen dar ningún tipo de explicación nin a corporación nin á veciñanza da situación real na que se atopa o Concello pese a terllo requerido reiteradamente", afirmou o voceiro dos populares, Alejandro Lorenzo, "Sen dúbida a alcaldesa prefire continuar coas súas prácticas e consolidar a situación para poder acusar a outros da súa mala xestión".

 

Os populares solicitan que se ordene a revisión de oficio da facturación pendente de pago, que ascende a 4.874.541,63 €. "Falamos de centos de facturas, por traballos prestados nos anos 2016, 2017 e 2018, que corresponden a contratos adxudicados de forma verbal ou efectuados sen ter seguido para a súa contratación o procedemento legalmente establecido", insistiu Lorenzo, "Na súa maioría foron rexeitadas no momento de ser rexistradas e, posteriormente, inclúense cunha nova data de rexistro. A cifra pendente de pago supera os 5 millóns de euros, pois a maiores existe facturación de provedores que foi rexeitada e non se volveu a incluir na contabilidade municipal".

 

Uns feitos que os populares tildan de "moi graves" aos que hai que sumar a existencia de facturación manipulada para ser incluída en recoñecementos extraxudiciais, medida de caracter extraordinario que o Goberno Municipal tentou tomar como primeira vía de pago. "Con todo, e pese ás súas excusas, tan só levaron para o seu recoñecemento 800.000 euros dos máis de cinco millóns pendentes de pago a través de dúas modificacións orzamentarias con informes desfavorables da intervención municipal", apunta Lorenzo.  

 

Os populares insisten en que se investigue a xestión e a forma de contratación desta facturación e inciden na arbitrariedade da Alcaldía á hora de abonar as facturas a determinadas empresas, mentres outras continúan sen cobrar. "Eva García, mediante decreto de levantamento de reparo, pagou as facturas pendentes a numerosas empresas nos anos 2018 e 2019, o cal pon de manifesto como de maneira totalmente arbitraria no Porriño cobran unhas empresas e outras non", explicou Alejandro Lorenzo, "Non hai problema en gastar e pagar por decreto 270.000 euros en compra de locais, 550.000 en vehículos de renting ou vaciar a partida de festas de 700.000 euros, mentres a débeda de impagos sigue crecendo e empresas que prestan servizos continúos, como a que xestiona a piscina municipal, non cobran dende fai anos".

 

Ante a opacidade do Goberno Municipal que se nega a dar explicacións sobre a súa xestión económica, os populares solicitan que se leve a cabo unha investigación sobre os feitos consumados e os procedementos levados a cabo nesta contratación. Instan á Alcaldesa a que se ordene a revisión de oficio da facturación pendente e se investigue a facturación rexeitada. Solicitan informes dos responsables de área e dos técnicos municipais sobre a manipulación ou duplicidade da facturación, dos motivos polos que foi rexeitada, dos prezos de mercado correspondentes a estes gastos e informe sobre os administradores das empresas con maior facturación, coincidentes entre sí moitos deles.

 

Despois detes proceso, solicitan que se elabore a correspondente proposta de recoñecemento extraxudicial que facilite o pago aos provedores.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.