Redondela
A noite máis especial do ano volve a Redondela
A TEMÁTICA DA SHOPPING NIGHT DESTE AÑO SERÁ NOITE BRANCA DE COMPRA
O 2 de agosto en Redondela celebrase a Noite Branca de compras. Esta campaña organizada pola Asociación de Empresarios de Redondela conta co respaldo maioritario do comercio local, medio centenar de comercios e toda a hostalaría da localidade estará aberta con descontos e actividades que a convirte na noite de compras máis especial do ano.
Cada ano Redondela viste unha imaxe especial protagonizada pola temática elixida, esta noite será a NOITE BRANCA DE COMPRAS DO COMERCIO DE REDONDELA.
A decoración das rúas fará destacar de forma especial a todo o comercio asociado e a decoración interior dos locais vestirá de branco esta noite. Molinillos decorativos, alfombra branca e quilómetros de banderíns darán luz a esta noite en Redondela.
Os descontos nas coleccións de temporada chegan ata o 70% pero a estrela da noite será a PRESENTACIÓN E AVANCE DAS NOVAS COLECCIÓNS. Os pequenos comercios multimarca da localidade reciben en exclusiva o os avances das novas coleccións das principais marcas comerciais de moda con descontos do 10% e 20% en exclusiva para esta noite de presentación. Celebraranse DESFILES ITINERANTES que sorprenderán aos transeúntes polas rúas da Vila.
A gastronomía tamén terá un oco especial esta noite na que poderemos atoparnos con postos de street food nas rúas e prazas.
Os establecementos participan da celebración con múltiples actividades pero serán as espectaculares actuacións do FESTIVAL INTERNACIONAL DE ARTISTAS DE RÚA o que encha de espectáculo as rúas. Seis compañías con espectáculos abraiantes e a actuación estelar de LUIS ZAHERA.
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES
19:30 e 23:00 > PASARRÚA.
A Danza dos Paxaros é un espectáculo de animación de rúa formado por seis actores e actrices e un actor principal, Luchi Iglesias, o ornitólogo que dirixe a esta particular bandada no seu danzar. Acompañados da música, das súas vistosas vestimentas e sobre todo de moito humor e moito ritmo, os paxaros percorrerán as rúas, a praza ou o espazo que se lles dispoña facendo bailar a todos e todas as presentes.
20:00 e 23:00 > PASARRÚA.
Os irmáns Quintá percorren o camiño de volta de San Andrés de Teixido á súa casa despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo a San Andrés en forma de caracol, xa que non fora de vivo. A sabendas de que o camiño ía ser lento viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de títeres co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en San Andrés.
21:00 > ALAMEDA DE CASTELAO.
Unha muller forte, intelixente, atractiva e divertida topa cun home... estúpido. El ha facer o que sexa para estar con ela, e ela fará todo o posible por escapar. Ela é dona de si mesma, el é infantil. Veremos como a súa loita frenética se vai intensificando a medida que atopan un trapecio de balanceo, cordas aéreas e un hula-hoop de lume.
22:00 > PRAZA DA CONSTITUCIÓN.
O concerto está a piques de comezar. Os excéntricos irmáns rematan de preparalo todo cun calculado desorde. Pero aínda queda unha dúbida: Se Beethoven nacese hoxe… ¿sería rockero ou malabarista? Efectivamente, eles tampouco o saben. Atopámonos unha vez máis ante unha estraña mestura entre a música, o circo e o humor… sobre todo humor.
22:30 > PRAZA PAZO DE PETÁN.
Un personaxe obsesivo, cuadriculado e meticuloso. Un ser único na súa especie rodeado dun sen fin de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para dar forma ao seu mundo. Do caos xurde un universo delirante onde inventa a risa, creando unha loucura cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura.
23:15 > PRAZA DA CASA DA TORRE
(Monólogo). LUIS ZAHERA

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91