Salceda de Caselas
O novo centro de saúde estará operativo en 2020
Nestes días estanse a realizar as obras de dotación de suministros: electricidade, climatización, comunicacións, etc
O equipo de goberno de Salceda visitou a semana pasada as obras de construcción do novo centro de saúde, na Rúa Mártires de Sobredo. O encargado da construcción do edificio trasladoulles á alcaldesa e aos concelleiros e concelleiras que a acompañaron o estado actual das obras, que avanzan a bo ritmo, e que neste momento se atopan no proceso de instalación dos elementos precisos para os diferentes suministros: electricidade, auga, climatización, gas, etc.
As previsións apuntan a que no verán de 2020 o novo edificio poida entrar en funcionamento, pechando así o actual centro de saúde ubicado na Rúa Compostela que a duras penas cumpre co seu cometido na actualidade.
O novo edificio conta con unha superficie total de 1.321,11 m2, dividida en dúas plantas, aos que hai que sumar 168 m2 de espazos exteriores descubertos. A nova instalación albergará dúas consultas de pediatría, unha consulta de enfermería de pediatría, 5 consultas de medicina xeral con cadansúa consulta de enfermería anexa e unha consulta de matrona. No exterior do edificio o Concello de Salceda executou xa as obras de urbanización da Rúa Mártires de Sobredo, incluídas no Plan Concellos 2017.
Gela Ledo, Concelleira de Sanidade explicou que “ademais da posta en marcha do edificio, solicitaremos á Xunta de Galicia que se dote do persoal e material precisos para que o servizo ás veciñas e veciños sexa o que lle corresponde á nosa poboación”.
Pola súa banda Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda dixo que “as obras avanzan a bo ritmo, e alegrámonos da previsión de apertura en tan só uns meses. O novo centro de saúde de Salceda será unha realidade no ano 2020”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186