Sábado, 07 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 29 de Julio de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda reprocha ás ́alcaldesas ́ que fagan unha visita “institucional” ao centro de saúde

O portavoz do PP no Concello, Santiago Rodríguez Davila, lamenta que o goberno teña que utilizar o maior investimento de 1,7 millóns de euros da Xunta en Salceda para “lavar a súa imaxe” e lémbralle que se “o centro de saúde non está a funcionar xa é por culpa de Castiñeira e de Tourón”

O PP de Salceda de Caselas reprocha ás ́alcaldesas ́ que realicen unha visita “institucional” ás obras do novo centro de saúde, as mesmas que “torpedearon” durante unha década coa entrega dos terreos á Xunta por un interese “puramente electoralista”, “prexudicando” aos veciños que durante todo este tempo non puideron gozar duns servizos sanitarios adaptados ás necesidades do municipio. Para o portavoz popular no Concello salcedense, Santiago Rodríguez Davila, trátase dunha “basta” estratexia para “lavar a súa imaxe” despois de “mentir” ao pobo cun pacto “forzado” e “en contra do que decidiron os veciños nas urnas”.

 

Para Davila, tanto Castiñeira como Tourón quedaron en “evidencia” despois de afirmar en reiteradas ocasións que o novo centro de saúde de Mártires de Sobredo nunca sería unha realidade. “Repetiron nos medios de comunicación, nas redes sociais e aproveitaron calquera oportunidade para mentirlle aos veciños en beneficio propio, facendo campaña política en contra da verdade, que non era outra que a vontade da Consellería de Sanidade de investir 1,7 millóns de euros en Salceda como así fixo cando o goberno ao que pertencía Castiñeira permitiuno. Por iso, é lamentable que agora estas ́alcaldesas ́ que tanto dano fixeron á sanidade dos salcedenses tenten vender unha obra na que non pagan nin un só euro e que negaron ao pobo durante dez anos”, relata.

 

Precisamente, o vicepresidente da Xunta e presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, visitaron hai uns meses Salceda e, ao contrario do que fixeron as ́alcaldesas ́, supervisaron as obras desde o exterior. “Por respecto, algo que non tiveron elas, nin se pensou en acceder o interior”, afirma o portavoz popular quen recrimina a Tourón e Castiñeira que si o fixesen “sen avisar nin solicitar permiso á propietaria dos terreos e do edificio, que é a Xunta, e ademais ténteno vender mediáticamente”.

Investimentos dos que presumir

Os populares critican o uso da palabra “compromiso” con Salceda por parte de Castiñeira e Tourón e anímalles a explicar a todos os cidadáns cales son as obras nas que o Concello de Salceda investiu diñeiro para mellorar a calidade de vida dos veciños. “Quizá non poden presumir de ningunha porque non as hai, e as poucas que fixeron con diñeiro da Deputación executáronse tarde, rápido para terminar antes das eleccións e o resultado foi nefasto”, apostila Davila.

 

Un exemplo diso son as obras da Devesa que se atopan nunha situación “bochornosa” e que supón un auténtico “perigo” para condutores e peóns. Para Rodríguez Davila, o que tiña que facer o bigobierno é “arranxar” as obras da súa competencia en lugar de “facerse fotos en terreos alleos”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.