Jueves, 05 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 01 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aproba melloras de seguridade viaria mobilidade peonil e recuperación de espazos en estradas de 5 concellos

Carmela Silva recalca que estas obras en A Cañiza-Arbo, A Lama, A Guarda e O Grove “seguen a converter a provincia nunha referencia no tratamento das infraestruturas”

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou diversas melloras en estradas de cinco concellos da provincia, cun orzamento que suma máis de 2 millóns de euros, destinadas, como subliñou Carmela Silva, a consolidar o modelo de estradas que ten en marcha a institución para “recuperar a seguridade viaria, a mobilidade peonil e os espazos públicos para a xente”. A presidenta provincial incidiu en que estas obras “van seguir sendo un dos obxectivos prioritarios desta Administración” e que a Deputación “vai seguir a transformar esta provincia e a convertela nunha referencia en todo o que ten que ver co tratamento das infraestruturas”.

 

Silva detallou que os proxectos aprobados beneficiarán a cinco concellos da provincia: A Cañiza-Arbo, A Lama, A Guarda e O Grove. Máis polo miúdo, a primeira das obras previstas comprende a reposición do firme e mellora da seguridade viaria na EP 5003 entre A Cañiza e Arbo, que sairá a licitación cun presuposto de 886.829,11 euros. Amais da reposición do firme na maior parte da estrada, tamén se revisará a sinalización vertical de velocidade, elevaranse varios pasos de peóns, reordenarase a explanada das inmediacións do centro de ensinanza de Valeixe e redistribuiranse os espazos da plataforma para favorecer o tránsito peonil.

 

A Xunta de Goberno aprobou tamén o proxecto de ensanche e mellora da seguridade viaria na EP 0307 de Peso a Caroi, no concello de A Lama, cun presuposto base de licitación de 940.182,85 euros. Esta obra consistirá na ampliación da superficie viaria, co fin de dotala dunha cuneta de seguridade na marxe dereita, beirarrúas por ambas marxes, carrís de case 3 metros e unha berma na marxe esquerda.

 

No caso de A Guarda, a Deputación aprobou o proxecto modificado da execución de recuperación de espazos e mellora peonil na rúa Concepción Arenal EP 3401 acceso ao Porto, que pasa a ter un orzamento base de licitación de 1.288.021,90 euros, cun incremento de 116.137,77 sobre o orixinal, para diversas melloras destas obras.

 

Finalmente, adxudicouse á empresa Narom S.L., cun orzamento de 210.586 euros, a execución da mellora da intersección mediante unha rotonda na EP 9101, no punto quilométrico 5+150 en O Grove-San Vicente Igrexa, no que dita estrada se cruza con dúas vías municipais. No lugar implantarase unha rotonda con sendas peonís a súa volta, comunicadas mediante pasos de peóns elevados. Amais, tamén se contemplan obras de canalización, saneamento e abastecemento, así como a instalación de novos puntos de luz en LED. A actuación completarase co repintado de marcas viarios e a colocación da correspondente sinalización vertical.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.