Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Viernes, 02 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

Reactivase o control na Zona Azul tudense

Aplícase na Corredoira e nas rúas Augusto González Besada, Foxo, Rosa Bahamonde e as súas travesías onde se pode estacionar gratuitamente durante hora e media

Neste mes de agosto reactivarase o control na Zona Azul de Tui de estacionamento gratuíto limitado no tempo. Esta Zona Azul abrangue un centenar de prazas de aparcamento no Paseo da Corredeira, dende o cruzamento con Rosa Bahamonde até os soportais, a rúa Augusto González Besada, e as rúas Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías.  O estacionamento gratuíto limitado no tempo  a hora e media aplícase nestes viarios de 10 a 14 h e de 16 a 21h salvo domingos e festivos, segundo se recolle na Ordenanza Reguladora aprobada en 2008.


A Policía Local encargaranse de controlar á Zona Azul para garantir así a mobilidade dos vehículos estacionados. Lémbrase que se debe colocar o disco horario coa hora de chegada en lugar visible no parabrisas. O disco pódese adquirir, por un prezo de 0,60€ na tesourería na casa do concello. Tamén se pode empregar o disco de zonas azuis doutros concellos.


Lémbrase que no centro urbano existen zonas de estacionamento sen límite de tempo coma o aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, e os habilitados na rúa Irmáns Maristas, A Guarda e Coengo Valiño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.