Martes, 14 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 08 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O Concello de Salvaterra asina o contrato do cambio do pavimento no Pavillón Municipal

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, ven de asinar o contrato de subministro e instalación de pavimento deportivo no Pavillón Polideportivo de Leirado coa empresa Mondo Ibérica, por un importe de 61.752,29€, cun prazo de execución de dous meses.

 

As obras consisten en colocar sobre a soleira existente do Pavillón Polideportivo un pavimento deportivo aeroelástico de tarima de madeira, especialmente apto para a práctica de fútbol sala, baloncesto, balonmán e patinaxe, específico de instalacións deportivas. O pavimento instalado será en madeira, conforme últimas esixencias da certificación UNE 14-904, deportivamente certificado a máximo nivel FIBA con certificados medioambientais, unha superficie equivalente á que se está celebrando os campionatos do mundo sub 21 de balonmán en Vigo e Pontevedra.

 

Coa instalación deste pavimento búscase a mellora da calidade de xogo e a máxima protección dos rapaces e rapazas que practican deporte a diario nas instalacións municipais. Temos que recordar que son moitos os rapaces e rapazas que utilizan este Pavillón, xa que en horario escolar son máis de 100 nenos os que pasan por el, ademais das asociacións deportivas que practican deporte de maneira asidua, o Concello busca mellorar a calidade pero sobre todo ofrecer aos seus veciños as mellores condicións para practicar deporte.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.