Sábado, 01 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 05 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

“Amazon” xa ten licenza para o centro loxístico que montará no Porriño

Lourdes Moure, alcaldesa accidental do Porriño firmou o pasado xoves a licenza de obra e comunicación previa de actividade para a futura estación loxística de “Amazon” para o noroeste que terá a súa sede nunha nave do polígono industrial de Prado-Budiño.

 

O proxecto e dirección de obra corresponde a Diego Patiño. A licenza outorgase a través da sociedade “Karekena” para reformar unha nave preexistente de 1927 metros cadrados construídos dentro dunha superficie total de 4.661 metros cadrados que ten o solar. Tratase da parcela R-14 do devandito polígono na nave que anteriormente ocupou a firma “Arcelor”.

 

Por outra banda, o departamento de comunicación de “Amazon Logistics” reportou hoxe un resumo de prensa cos impactos que tivo a nova da chegada desta plataforma “on line” a O Porriño co anuncio da estación de almacenaxe e reparto que está a montar.


A nova difundida polo Concello do Porriño e “Amazon” o pasado luns, refiriuse en 70 medios de comunicación galegos e nacionais, tanto escritas, audiovisuais como dixitais. Dende TVG, Cadena SER ou Cadena Cope, ata xornais nacionais como “El Pais”, “ABC” ou “Expansión” pasando por todos os rotativos da comunidade autónoma de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.