GALICIA
Os traballadores do Aeroporto de Santiago anuncian paros a partir de finais de agosto
A primeira vez que se convocan paros á vez de todos os colectivos que conforman o Aeroporto
O Comité de coordinación intercentros do Aeroporto de Santiago, é dicir, aquel que representa a todos os traballadores deste centro, dende seguridade, Aena, compañías aéreas, limpeza, mantemento... mantivo unha asemblea cos traballadores onde decidiron ir máis aló nas mobilizacións e convocar paros parciais a partir de finais de agosto e principios de setembro.
Esta decisión tómase despois de que que Aena persista na súa postura de non recibir ao Comité de coordinación no seu conxunto, o que si están a facer diversas institucións e o que xa recomendou por unanimidade o Parlamento galego nunha proposición non de Lei, para darlle unha saída á suposta supresión da cantina do Aeroporto na que os traballadores poden consumir a diario a prezos máis razoables que os que se lles esixen aos viaxeiros.
A semana pasada en rolda de prensa os representantes sindicais, UGT, CCOO, CIG, USO, Sindicato de controladores e CGT, explicaron que Aena coa súa actitude está a facer aflorar entre os traballadores un malestar que vai máis aló do problema da cantina. Na asemblea mantida onte denunciaron a precariedade e falta de persoal nos servizos que traballan no Aeroporto, aínda aumentando a superficie e o número de viaxeiros, mantívose o número de empregados; un exceso de precariedade nas contratacións; denunciaron a supresión do servizo de enfermería permanente; que teñen que pagar dende que se privatizou o aparcadoiro, entre outros problemas.
Os representantes dos traballadores fixeron fincapé en que é a primeira vez que se vai rexistrar unha folga de todos os colectivos que conforman o Aeroporto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21