PROVINCIA
A Provincia de Pontevedra volve superar os seus resultados de ocupación cun 70,4% en xullo
Carmela Silva ofreceu os datos de Turismo Rías Baixas, que sinalan un incremento do 3% respecto a 2018, con importantes datos en Sanxenxo, O Grove, Vigo, Pontevedra e Baiona
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ofreceu hoxe os datos de ocupación media na provincia de Pontevedra durante o mes de xullo, que salientan que “seguimos a ter uns resultados extraordinarios cunha media na provincia do 70,4%, 3 puntos máis que no mes de xullo de 2018”. Estes datos, ademais, compleméntanse coas valoracións do sector hostaleiro, que sinalan que “o gasto medio por visitante está a aumentar de forma substancial”, o que significa que na provincia de Pontevedra estase a crear “máis economía, máis riqueza e máis beneficio”.
Por comarcas, como sinalou Carmela Silva, as ocupacións foron as seguintes: no Salnés un 71% (2,5% máis que en xullo de 2018) “con dúas localidades que quero salientar polos seus datos superiores: Sanxenxo, cun 82% , e O Grove cun 79%. En Pontevedra un 75% (7% máis), “cunha chamada especial para a cidade, onde se superou o 82%, informou a Presidenta provincial. No Morrazo un 79% (2,5% máis). En Caldas un 77,1% (levemente inferior ao ano pasado) pero con 100% de ocupación na primeira quincena de xullo na vila de Caldas “debido á atracción do PortAmérica”, matizou Carmela Silva, “grazas á grande idea que tivo a Deputación de promover os nosos festivais musicais e crear a marca conxunta #FestivaisRíasBaixas, idea que despois foi copiada por outras administracións”.
No caso da comarca de Vigo, un 76,5% (4% máis), con mencións especiais á cidade de Vigo (82%) e a Baiona (77%). No Baixo Miño, un 70,2% (8% máis). No Condado e A Paradanta un 53,6% (3% menos que o ano anterior). En Deza e Tabeirós-Terra de Montes, un 60,7% (case 13% máis que o ano pasado). Carmela Silva asegurou que “o sector nos formula que a ocupación dos primeiros 15 días de agosto xa está pechada e son datos importantes para o noso interior” xa que, lembrou, “un dos obxectivos do Plan Estratéxico de Turismo era aposta polo noso interior e os datos reflicten que a aposta dá moi bos resultados”.
Segundo o sector “o gasto medio por visitante aumenta de forma substancial”
Na ponte do 25 de xullo, por comarcas, os resultados foron os seguintes: “de media na provincia, un 75,6%, un dato espectacular”. No Salnés: 85,2%. En Pontevedra: 84,5%. No Morrazo: 87,9%. En Caldas: 81,6%. En Vigo: 81,1%. No Baixo Miño: 83,7%. No Condado e A Paradanta: 40,6%. En Deza e Tabeirós-Terra de Montes: 60,5%.
Carmela Silva valorou que “as zonas con maior ocupación son os destinos turísticos por excelencia e que xa están consolidados: Sanxenxo, O Grove, Vigo, Pontevedra e Baiona”. En canto ao perfil, “maioritariamente falamos dun perfil familiar, en torno ás catro persoas, cunha estancia media de oito días e procedencia sobre todo estatal”. O público estatal, informou Carmela Silva, “foi o 85,5%, principalmente de Madrid, Barcelona, Euskadi, Aragón ou Estremadura”. Pola contra, o turismo estranxeiro supuxo o 14,5% “sobre todo de Francia, a Alemaña, Portugal, Italia e a Arxentina”.
En canto aos castelos, durante o mes de xullo achegáronse a eles preto de 4.000 persoas no caso de Soutomaior (3933 persoas) e outras 1824 ao de Sobroso. Carmela Silva tamén valorou os datos de mes de xullo nas principais illas, con “Cíes sen prazas durante todo o mes e xa esgotadas ata finais de agosto”, e “30.000 visitas a Ons con 6 días sen prazas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108