NIGRÁN
Máis de 600 deportistas disputan a popular carreira pola praia 'IX nigrán Area'
A proba da categoría absoluta, a máis multitudinaria, terá lugar ás 11:00 horas e discorre entre Panxón e Lourido
Máis de 600 deportistas disputan mañá en Nigrán a popular carreira pola praia 'Nigrán Area', a maioría deles na categoría absoluta. Un ano máis, o Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e Deporte Galego, ofrecen esta carreira de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca.
A proba dará comezo ás 10:00 horas coa categoría sub-16 seguida de sub-14, sub-12, sub-10, sub-8, e pitufos, sendo a absoluta (6.000 metros) ás 11:00 horas e a continuación a entrega de premios. Os circuítos discorrerán entre o Peirao de Panxón e Praia America, son circuitos chás sobre a area mollada da praia, ca marea baixa.
Os dorsais e chip, serán entregados polo club organizador hoxe no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e mañá ata 30 min. antes da celebración da carreira.
Haberá avituallamento ao fin da carreira, servizo de ambulancia dispoñible durante o evento e servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón.
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros/as da categoría absoluta, ao primeiro de cada categoría e medalla conmemorativa a todos os Pitufos. Ademais, os 500 primeiros inscritos recibirán unha camiseta conmemorativa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217