Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 09 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán conclúe as obras de humanización da Rúa do Cean

“Soluciona un problema de seguridade viaria e accesibilidade nun tramo moi frecuentado por unir o Cemiterio Municipal, a Biblioteca, o Parque infantil, a Igrexa de San Fiz e as instalacións do clube Bolos do Cean. Era algo moi demandado polos veciños”, sinala o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán rematou esta semana as obras de humanización da rúa do Cean (parroquia de Nigrán) dentro da política de mellorar a seguridade viaria e peonil dos espazos ruráis que vertebran o seu territorio. As obras, cun orzamento de 132.000€ ao cargo do Plan Concellos 2018, inclúen a construción de beiravías accesibles,  habilitar aparcamentos en liña (dous deles para persoas con mobilidade reducida), reparar o firme, mellorar a instalación de pluviais, renovar o saneamento ou nova luminaria LED. Con este obxectivo, elimínanse as canaletas de formigón existentes para ter drenaxe soterrado, o que permite ampliar a estrada e pavimentar (neste sentido cabe destacar o retranqueo dun gran terreo privado cedido ao Concello, por iso é posible executar unha beiravía de 1,8 m. de ancho e unha zona de aparcamento en liña de 2,2 metros). Contémplase tamén a execución dun paso de peóns sobreelevado para a máxima seguridade dos peóns á altura do parque infantil (tamén renovado recentemente cunha pista multideportes).

 

“Soluciona un problema de seguridade viaria e accesibilidade  nun tramo moi frecuentado por unir o Cemiterio Municipal, a Biblioteca, o Parque infantil,  a Igrexa de San Fiz e as instalacións do clube Bolos do Cean. Era algo moi demandado polos veciños”, sinala o alcalde, Juan González.

 

O terreo cedido pechouse cun muro de bloques de formigón de contención e malla, manténdose os carballos existentes neste espazo. Asimesmo, fronte ao Cemiterio Municipal e co fin de preservar e por en valor esta contorna, a pavimentación realizouse en adoquín en granito con 6 alcorques onde se plantaron cipreses. O Cruceiro tamén foi posto en valor cun axardinamento do pé do mesmo.

 

“Toda a obra de construción de beiravías accesibles, humanización e asfaltado, complétase co empedrado fronte ao Cemiterio Municipal e coa realización dun xardín con céspede e bordillo de granito ao rededor do Cruceiro do Cean, fronte á actual Biblioteca Municipal, o que engade calidade a unha contorna de tanto valor Patrimonial”, resume o rexedor.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.