PROVINCIA
O goberno de Carmela Silva da luz verde ao proxecto de obras de adecuación de nove puntos limpos
A Deputación é socia líder do ESTRAEE que, cun orzamento de 2 millóns de euros, busca unha xestión sostible e trasfronteiriza dos residuos dos aparellos electrónicos e eléctricos
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, vén de anunciar a aprobación pola Xunta de Goberno do proxecto de obras para a adecuación de nove puntos limpos na provincia ao abeiro do proxecto europeo ESTRAEE, que ten por obxectivo poñer en marcha unha estratexia sostible transfronteiriza para a xestión dos residuos xerados por aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE). Deste xeito, a institución provincial pon en marcha as actuacións necesarias para o acondicionamento destes puntos limpos, cuxo orzamento total ascende a 618.000 euros.
Máis polo miúdo, os puntos limpos incluídos neste proxecto de obras están situados en Meaño (no lugar Trubisquido), na Guarda (na Sangriña), na Lama (en Racelo-Polígono industrial), en Gondomar (no lugar Pasaxe 321), en Nigrán (na rúa Gándara), na Mancomunidade do Morrazo (na avenida Castiñeiras, de Bueu), en Ponteareas (na estrada Guians), en Silleda (na N-525), e en Vilagarcía de Arousa. En total, o proxecto transfronteirizo contempla a actuación en dezaoito puntos limpos, nove na provincia de Pontevedra e outros nove na zona de Portugal.
Este proxecto europeo está enmarcado nun dos principais eixos da institución provincial da aposta polo medio ambiente cara a transición ecolóxica
Despois de levar a cabo unha análise, detectáronse unha serie de necesidades de mellora comúns aos nove puntos limpos da provincia de Pontevedra, polo que a intervención será similar en todos eles. Así, a maior parte de actuacións consisten na reforma ou nova construción de almacéns para RAEE e reutilización, instalación de iluminación ou provisión de sistemas de protección contra incendios e paneis indicativos. Amais da adecuación destes puntos limpos, ESTRAEE tamén está a desenvolver outras accións como a elaboración da ordenanza sobre xestión sostible dos RAEE, a implantación da bolsa de recursos e materias primas secundarios, a análise do ciclo de vida das diferentes tipoloxías de RAEE, o fomento da motivación social e implicación de produtores e fabricantes na nova estratexia de xestión, e a preparación para a reutilización como opción prioritaria en xestión de RAEE.
ESTRAEE é un proxecto que conta cun orzamento superior aos 2 millóns de euros, o 75% pertencentes a fondos da Unión Europea, que busca dar un salto cualitativo na xestión ambiental e na adaptación á estratexia europea 2020 no ámbito da protección dos recursos naturais e eficiencia na xestión dos residuos. A Deputación de Pontevedra é a socia líder deste proxecto no que participan outras tres entidades españolas e dúas portuguesas con ampla experiencia na reciclaxe e innovación tecnolóxica. Neste contexto, ESTRAEE está enmarcado nun dos principais eixos da institución provincial da aposta polo medio ambiente cara a transición ecolóxica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108