NIGRÁN
Concello de Nigrán e Aqualia entregan a Ovalmi 5.000 bolsas reutilizables para o pequeno comercio
O obxectivo é fidelizar á clientela habitual ofrecéndoa como agasallo e, ao mesmo tempo, reducir o uso de plásticos grazas a esta bolsa reutilizable que na súa decoración incentiva a consumir localmente
Concello de Nigrán e a concesionaria Aqualia entregaron esta semana á asociación de empresarios OVALMI 5.000 bolsas da compra reutilizables para que os establecementos comerciais do municipio as distribúan gratuítamente entre os seus clientes e contribuír así coa protección do medio ambiente. Deste xeito, os asociados a OVALMI poden solicitalas dende esta semana na sede da entidade chamando antes ao 986366730.
A iniciativa, proposta a inicios de ano dende a asociación de empresarios, foi acollida con entusiasmo polo Concello de Nigrán, xa que encaixa coa 'Axenda 2030 de obxectivos de desenvolvemento sostible' que busca que nesta data tódolos plásticos de Europa sexan reciclables ou reutilizables. "Temos un plan estratéxico para cumplir coa axenda 2030 dende o propio Concello e, entre as diferentes medidas, figuran a reducción de plásticos con medidas concretas como evitar o emprego de bolsas plásticas nas praias de Nigrán antes de 2021 para que así non acaben contaminando o mar ou emporcallando os areais', explica o alcalde, Juan González.
"Para unha gran superficie non significa ningún esforzo ter a disposición dos clientes bolsas reutilizables, pero para un pequeno comercio é un investimento que seguramente económicamente non lle resulta rendable", xustifica o alcalde, Juan González
As bolsas, de material non tecido e de 38x40 cm con asa longa e encargadas a unha empresa local, están ilustradas pola artista nigranesa Olalla Fernández cunha estética alegre e positiva que invita a levala pola rúa con orgullo, e inclúen o seguinte texto: 'Eu merco no pequeno comercio de Nigrán porque xuntos creamos un concello máis sostible e cheo de vida', e na outra cara, '6 motivos para mercar no pequeno comercio de Nigrán: porque somos veciños. Porque a riqueza se queda no noso pobo. Porque axudas as persoas emprendedoras. Porque sempre temos un sorriso de agradecemento. Porque ti nos importas'.
"Ademais de colaborar dende o local coa protección do medio ambiente consideramos que tamén é unha maneira de incentivar a compra no pequeno comercio. Para unha gran superficie non significa ningún esforzo ter a disposición dos clientes bolsas reutilizables, pero para un pequeno comercio é un investimento que seguramente económicamente non lle resulta rendable. Deste xeito ás tendas non lles supón ningún esforzo económico e, ademais, a poderán repartir gratuítamente", sinala o alcalde, Juan González.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217