VIGO
Corina Porro comprométese con Down Vigo a axilizar os trámites para a súa futura sede
O organismo levará ao próximo consello a resolución do contrato da cesión do dereito de superficie por 40 anos formalizado con Down Vigo
A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) e delegada da Xunta, Corina Porro, mantivo onte unha xuntanza de traballo coa directiva da Asociación Down Vigo, liderada polo seu presidente, José Manuel García Orois, na que comprometeuse a axilizar os trámites da solicitude de compra por parte de Zona Franca dunha edificación no barrio histórico.
Así, o organismo público, participado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun 10 por cento polo Concello de Vigo, levará ao próximo Consello de Administración do Consorcio Casco Vello a resolución do contrato da cesión do dereito de superficie que Down Vigo ten sobre un inmoble por 40 anos.
Corina Porro manifestou a súa disposición a iniciar de inmediato os trámites para a venda á Zona Franca dunha propiedade localizada no barrio histórico. Neste senso, insistiu en que ao igual que se venderon inmobles a outras administracións, á Xunta de Galicia, á Universidade e ata o Colexio de Rexistradores da Propiedade, “non lle vemos problema a esta operación que propón Zona Franca”.
Corina Porro manifestou a súa disposición á operación, tralo interese manifestado polo delegado de Estado de Zona Franca de adquirir unha propiedade e rehabilitala
Labor do CCVV
Nestes doce anos, o Consorcio Casco Vello adquiriu 78 inmobles situados dentro dos límites do seu ámbito de actuación, fixados polo PEPRI Casco Vello. Deles 60 están xa totalmente rehabilitados, 12 foron transferidos a outros organismos, 6 están en proceso de construción e tan só en sete deles, a maior parte de recente adquisición, non se iniciaron aínda os labores de rehabilitación.
O consorcio promoveu 106 vivendas, das que 93 xa foron vendidas. En canto a locais comerciais, interveuse en 32, dos cales 6 foron vendidos, 10 están réxime de alugueiro e 16 en proceso de concurso de adxudicación. O investimento total desde a súa constitución supera os 45 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149