• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Martes, 27 de Octubre de 2026

Actualizada Martes, 27 de Octubre de 2026 a las 20:42:14 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Mos enseña marcha nórdica con un taller gratuito y cuatro salidas

      Mos enseña marcha nórdica con un taller gratuito y cuatro salidas

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Ponteareas convertirá el viejo mercado en una biblioteca de 2.500 metros

      Ponteareas convertirá el viejo mercado en una biblioteca de 2.500 metros

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • La Xunta licita por 550.000 euros la mejora del acceso al pantalán de A Pasaxe

      La Xunta licita por 550.000 euros la mejora del acceso al pantalán de A Pasaxe

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • El obradoiro 'Coidando Miñor V' retira plantas invasoras en Baiona

      El obradoiro 'Coidando Miñor V' retira plantas invasoras en Baiona

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • En el dormitorio y de noche: así mueren la mayoría de las víctimas de incendios en casa

      En el dormitorio y de noche: así mueren la mayoría de las víctimas de incendios en casa

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Nosotros | Gupo Xornal21
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Viernes, 09 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
VIGO

Corina Porro reitera o firme e evidente compromiso da Xunta a prol do diálogo co Concello de Vigo

A delegada territorial espera que o anuncio do alcalde de “abrir un escenario de acordos, diálogo e cumprimentos” non se quede só nun anuncio, senón que o leve a cabo polo ben de todos os cidadáns vigueses

A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, volveu a reiterar o firme e evidente compromiso do Goberno galego a prol do diálogo co Concello de Vigo, dixo, “polo ben da cidade e dos vigueses”. Neste senso, a representante autonómica espera que o anuncio do alcalde de “abrir un escenario de acordos, diálogos e cumprimentos” non se quede só nun anuncio, senón que o leve a cabo polo ben de todos os cidadáns vigueses. Na súa opinión, as administracións deben traballar unidas “para dar o mellor servizo aos galegos”.

 

Corina Porro recorda ao alcalde de Vigo que cando o obxectivo é o de abrir vías de diálogo con outras administracións, “a imposición e os condicionantes non son a mellor maneira de comenzar, posto que son en si mesmas un obstáculo para o consenso”. Na súa opinión, tras coñecerse as reclamacións feitas este mesmo luns polo alcalde en rolda de prensa e vía misiva, algunhas delas “deben resolverse nunha mesa técnica, mentres que as outras deben ser froito do diálogo”. Aínda con todo, reitera que calquera cuestión debe abordarse desde a máis estrita legalidade.

 

Así, respecto a candidatura das Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade apuntou que a da Xunta de Galicia é a única rexistrada na Unesco, polo que solicitar la eliminación dunha candidatura xa incorporada a lista indicativa “é perxudicial” para a consecución deste obxectivo. Así, reiterou que se segue a avanzar no proceso para acadar a finalidade común de formar parte, como ben natural, do selecto club do Patrimonio Mundial.

 

En canto ao proxecto de rehabilitación e transformación da contorna urbana da Gran Vía, Corina Porro recordou que no ámbito de desenvolvemento desta intervención atópanse edificios que forman parte do Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia e outros que estaban incluídos no Catálogo do PXOM do 2008, hoxe anulado pola Xustiza. Segundo explicou, esta obra está por tanto sometida á Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.

 

Esto implica, dixo, que deberá presentar unha nova proposta para o bulevar da Gran Vía que faga compatible a conservación do patrimonio urbano coa súa transformación, tal e como lle reclamaron os técnicos de Patrimonio. “Débese facer unha reformulación do proxecto axustado aos criterios definidos na Lei de Patrimonio Cultural”, indicou.      

 

Atendendo ás críticas del alcalde sobre o novo sistema de cofinanciamento dos centros de día e as escolas infantís, cuxas competencias comparten ambas administracións, Corina Porro sinalou que o actual modelo, aprobado en 2017 por unanimidade por todos os grupos políticos representados na Fegamp, é máis favorable que o anterior e obrigatorio para todos os concellos que forman parte do Consorcio como é o caso de Vigo. Neste senso, a delegada recordoulle ao  Concello  vigués que lle debe ás arcas autonómicas 1,35 millóns de euros desde que decidiu unilateralmente deixar de pagar as liquidacións do Consorcio e as recorreu ante a Xustiza.  

 

Transporte metropolitano
Outro dos puntos aos que fixo referencia Corina Porro ten que ver coa sentenza que anula o requisito do empadroamento para obter a Pass Vigo, o segundo varapao xudicial recibido polo goberno municipal de Vigo en relación con este asunto tras un pronunciamento anterior pola súa negativa a adherirse ao Plan de Transporte Metropolitano nos termos comprometidos. Así, recordou que é a lexislación estatal do 1987 a que di que os transportes regulares son un servizo público que pode ser utilizado sen discriminación, por calquera persoa que o desexe nas condicións establecidas nesta lei e nas normas ditadas para a súa execución e desenvolvemento.

 

Segundo dixo, “a falta de visión metropolitana do transporte público é unha actitude contraria aos propios intereses de Vigo”, cuxos veciños poderían aforrar ata 1.000 euros ao ano nos seus desprazamentos de terse o concello adherido ao Plan Transporte Metropolitano, tal e como se comprometera o alcalde coa Xunta. Con todo, a delegada reiterou o ofrecemento da Goberno galego para a súa futura incorporación.

 

En canto á petición de retirar o recurso contencioso administrativo contra a Área Metropolitana, insistiu en que a Lei impulsada no 2012 polo Goberno galego establece que o órgano ten que nacer desde o principio despregando todos os seus efectos, “polo que é fundamental darlle un transporte público e máis barato aos veciños”. Así, aclarou que mentres que o Concello de Vigo non asuma o Plan de Transporte Metropolitano, tal e como recollen os tribunais nas respectivas sentenzas ao respecto, este organismo non poderá entrar en funcionamento.   

 

 

 

 

“A Xunta e os concellos deben traballar unidos para dar o mellor servizo aos galegos”, insiste a representante autonómica

 

 

 

 

Respecto á derogación solicitada da taxa sobre a presa de Eiras, a representante autonómica lembrou que Augas de Galicia asume os custos de xestionar e manter no estado axeitado o encoro de Eiras, mentres que o Concello de Vigo cobra tanto aos usuarios como aos concellos beneficiados polo servizo de abastecemento de auga que lles presta a través dunha concesionaria. Recordou así que trátase dunha taxa creada pola lexislación estatal en materia de augas  que debe aplicarse en Galicia aos beneficiarios da explotación e conservación dos encoros de titularidade da Xunta.

 

Nesta liña,reiteroulle ao Concello a posibilidade de asinar un convenio coa Xunta para pasar a ser titular da xestión e do mantemento do encoro, evitando así o pago do canon de regulación. Segundo dixo, Vigo é o único concello que se nega a aceptar a súa obriga de aboar o canon de regulación, que a Xunta empezou a aplicar en 2014, e polo que a Administración olívica adeuda xa máis de 3 millóns de euros a Augas de Galicia.

 

Pavillón de Matamá e accesos ao CEIP Párroco Don Camilo
Xa para rematar, referiuse á aplicación da Lei de Medidas en Materia de Proxectos Públicos de Urxencia ou de Excepcional Interese para executar o pavillón de Matamá e o arranxo dos acceso ao Colexio Párroco don Camilo, para os que dixo que o goberno local non ten ningún impedimento para levalos a cabo. Segundo expuxo, o Concello debe amparar a súa execución na tramitación e redacción dun plan parcial, un plan especial de infraestruturas o, a través dunha modificación do Plan Xeral, como está a facer para o proxecto do Barrio do Cura, “sen necesidade, por tanto, de aplicar ningunha medida extraordinaria”.   

 

“Non rexeitamos a aplicación da devandita lei, simplemente que é unha normativa pensada para actuacións doutras administracións distintas ás locais e sen competencias urbanísticas, caso da ampliación do Polígono de Balaídos por parte de Zona Franca ou da Estación Intermodal promovida pola Xunta de Galicia, nos municipios que carecen de planeamento xeral”, aclarou.

 

Tras recordar, en resposta a outra das reclamacións do alcalde, que a modificación das leis son competencia dos grupos parlamentarios, a delegada territorial manifestou o seu compromiso de explorar todas as vías de entendemento posibles co Concello vigués co obxectivo común de que salgan gañando Vigo e os vigueses. “Por moito que o alcalde intente minimizar a inversión da Xunta na cidade, o certo e que a administración que máis inviste en Vigo, máis que calquera outra administración, e isto é visible a ollos de calquera”. “Vaia por diante a nosa vontade de camiñar xuntos”, dixo.

 

Noticia anterior:
O alcalde compromete "o noso apoio e afecto sempre" ao Marisquiño en Vigo
Noticia siguiente:
O rexedor ofrece o apoio do Concello ao novo xefe da Comandancia da Garda Civil
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.72

Todavía no hay comentarios

Actualidad

El calendario laboral de 2027 deja en Galicia seis puentes y un verano sin festivos

El calendario laboral de 2027 deja en Galicia seis puentes y un verano sin festivos

Ictus: secuelas cognitivas invisibles y cómo recuperarse

Ictus: secuelas cognitivas invisibles y cómo recuperarse

Octubre, el mes de aprender a estudiar mejor

Octubre, el mes de aprender a estudiar mejor

Los errores que te disparan la factura de la calefacción

Los errores que te disparan la factura de la calefacción

Opinión

¿Hasta cuándo seguiremos cambiando la hora?

Premios al vago, al sinvergüenza y al vividor

La vivienda, el derecho constitucional convertido en espejismo

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Prisión para una joven de 20 años por un intento de homicidio en Cangas

Prisión para una joven de 20 años por un intento de homicidio en Cangas

Dos personas evacuadas por un incendio de cocina en Balaídos

Dos personas evacuadas por un incendio de cocina en Balaídos

Estafa de pellets en Ponteareas destapa una red de criptos

Estafa de pellets en Ponteareas destapa una red de criptos

Condenado un militar por vender más de 5.000 pastillas abortivas

Condenado un militar por vender más de 5.000 pastillas abortivas

Agenda

Octubre 2026
LunMarMieJueVieSabDom
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Galicia

Una docena de obras protegerán 43 kilómetros de ríos de la cuenca Galicia-Costa

Una docena de obras protegerán 43 kilómetros de ríos de la cuenca Galicia-Costa

La Xunta eleva a cifras récord la inversión en vivienda pública

La Xunta eleva a cifras récord la inversión en vivienda pública

Provincia

La Audiencia avala cerrar seis meses un piso de Vigo usado como punto de venta de droga

La Audiencia avala cerrar seis meses un piso de Vigo usado como punto de venta de droga

Gloria Alonso y Paulo Carlos López encabezan Fronte Ampla en Pontevedra

Gloria Alonso y Paulo Carlos López encabezan Fronte Ampla en Pontevedra

Deportes

El Atlético Novás arrolla al Calvo Xiria y asciende al segundo puesto

El Atlético Novás arrolla al Calvo Xiria y asciende al segundo puesto

Cunha bate el récord y Vaquero reina en Tui-Valença

Cunha bate el récord y Vaquero reina en Tui-Valença

Las Tanias conquistan el oro mundial en K2

Las Tanias conquistan el oro mundial en K2

Motor

Alpine rescata su icono A310 con un prototipo retrofuturista

Alpine rescata su icono A310 con un prototipo retrofuturista

Salud

Galicia Sur bate récords científicos y triplica su impacto global

Galicia Sur bate récords científicos y triplica su impacto global

El 55% de los españoles no sabe qué es el hígado graso

El 55% de los españoles no sabe qué es el hígado graso

Se te cae más el pelo en otoño: por qué pasa y qué hacer

Se te cae más el pelo en otoño: por qué pasa y qué hacer

Turismo

Caixa Rural Galega patrocina el Xacobeo 2027 con 150.000 euros

Caixa Rural Galega patrocina el Xacobeo 2027 con 150.000 euros

Hogar

El alquiler permanente cae un 10 % tras anunciar el Gobierno nuevos decretos

El alquiler permanente cae un 10 % tras anunciar el Gobierno nuevos decretos

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

Seguridad | Protección Civil

En el dormitorio y de noche: así mueren la mayoría de las víctimas de incendios en casa

En el dormitorio y de noche: así mueren la mayoría de las víctimas de incendios en casa

Alerta crítica en PHP: ataques activos para ejecutar código en servidores

Alerta crítica en PHP: ataques activos para ejecutar código en servidores

O alcalde compromete "o noso apoio e afecto sempre" ao Marisquiño en Vigo

O rexedor ofrece o apoio do Concello ao novo xefe da Comandancia da Garda Civil

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder