Jueves, 05 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 09 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva comprométese a “redobrar a colaboración” da Deputación coa Garda Civil

A presidenta da institución provincial recibiu esta semana no Pazo Provincial ao novo coronel da Comandancia pontevedresa, Simón Venzal Contreras

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou  o seu compromiso para “redobrar a colaboración” que a institución provincial xa ven mantendo coa Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, tras recibir no Pazo Provincial ao seu novo responsable, o coronel Simón Venzal Contreras.

 

Neste primeiro encontro, Silva subliñou o papel que desenvolve a Benemérita en todo o Estado e máis concretamente na provincia, “un papel que permite vertebrar o territorio e a defensa dos valores e os dereitos fundamentais das persoas”. Neste senso, destacou a labor da Garda Civil no mantemento do patrimonio e vixilancia do medio ambiente, así como a súa loita contra as violencias machistas, no marco do extenso campo de actuación que ten o instituto armado. “Sempre temos colaborado man con man –indicou a presidenta- pero hai máis espazos onde podemos colaborar”.    

 

Pola súa banda, Simón Venzal afondou tamén nesta “sintonía” entre ambas institucións e na aposta conxunta “para manter unha colaboración estreita para facer, para mellorar e para chegar a todos os recunchos da provincia”. O coronel, que tomou posesión do seu cargo en xullo, cualificou de “excelente” o equipo de gardas e mandos da Comandancia de Pontevedra e subliñou que cos medios persoais con que conta a Benemérita, “creo que se está a prestar un bo servizo na provincia”. “Ogallá –manifestou- que se puidera ter unha presenza maior, pero temos que ser conscientes das limitacións de presuposto das administracións”. Engadiu que en tempada estival unha das principais preocupacións do instituto armado son os incendios, aínda que “ese traballo de rigor debemos estendelo a case todo o ano, non só ao verán”. “Iso é unha dificultade engadida, con esforzos engadidos, pero o que se está a facer vai nesa liña”, remachou.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.