Domingo, 02 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 10 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño celebrará o I Rally Mix durante as Festas do Cristo

O Concello do Porriño e a Federación Galega de Automobilismo trataron esta semana dos detalles da organización do "I Rally Mix Concello do Porriño" que terá lugar durante o fin de semana do 28 e 29 de setembro, é dicir durante o chamado "Recristo" e nas datas da Festa dos Callos. Tratase por tanto dun novo aliciente para a Semana Grande das festas patronais de Porriño.


A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra do Miño coa colaboración da Federación e co patrocinio do Concello. A proba terá dúas mangas: unha na tarde do sábado 28 e a segunda, na mañán do domingo 29 de setembro.


Os detalles abordaron este mediodía nunha reunión de traballo celebrada no Concello de Porriño que presidiu Lourdes Moure, alcaldesa accidental na que participaron Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local, representantes da Escuderia Surco e Iván Corral, presidente da Federación Galega de Automobilismo e Benigno Vázquez Colino, responsable de marketing da mesma federación.


O traxecto das dúas mangas será ó longo do termo municipal. Tendo en conta que un Rally Mix é unha modalidade de competición que se desenrola sobre terreno mixto e que o percorrido da proba non se desvela ata horas antes para imposibilitar os adestramentos, habera unha certa dose de misterio. Ademáis poden participar dende KartCross ata carrozados de todo tipo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.