Jueves, 18 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 09 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

A popular Baixada de Carros de Bolas de Samos celébrase este fin de semana

O campionato arranca o sábado co primeiro descenso nocturno de Galicia de carrilanas a modo de adestramento, o domingo será a propia competición durante toda a mañá

Concello de Nigrán e a Asociación Eixo Tolo celebran este fin de semana a 'XIII Baixada de Carros de Bolas' na rúa San Roque de Camos con máis de medio cento de carrilanas participantes (a inscrición permanece aberta  no teléfono 648023014 e ata o mesmo sábado antes das 18:00 presentándose no Torreiro de Camos).  Carros neumáticos, de rodamentos e correpasillos para nenos participarán na triple competición que terá lugar o sábado dende as 21:00 horas a modo de adestramento (sendo así a primeira baixada nocturna de Galicia) e que vivirá o domingo a competición oficial durante toda a mañá (de 10:00 a 14:00 aproximadamente). Na noite do sábado celebrarase ademais un concerto rock a cargo de Eixo Tolo.

 

Por unha banda, celebrarase a Copa Galicia-Copa Norte e Copa Galicia-Portugal con 20 vehículos neumáticos inscritos a día de hoxe e no que se puntúa a velocidade. Por outra banda, celebrase o 'Campionato Concello de Nigrán-Eixo Tolo' no que participarán 25 carros de bolas (cuxas rodas son rodamentos mecánicos) e no que se premia ao máis elaborado (Eixo Tolo destina 500 €), o máis rudimentario, e á cabriola máis espectacular (ambos con cadanseu trofeo). Ademais, como novidade, celebrarase o sábado ás 18:00 horas unha carreira de correpasillos para nenos no espazo do Torreiro. Tódolos menores de idade deberán traer autorización asinada dos pais ou titores con copia do DNI de ambos, ademais, a inscrición ten un custe de 6 € que inclúe o seguro.

 

 

 

 

Os vehículos farán un percorrido de 1 km cun desnivel do 60% e grandes curvas acadando velocidades superiores aos 70 km/h

 

 

 

 

Como xa é tradición, nesta décimoterceira edición o percorrido arranca no Torreiro de Festas de San Roque e remata pouco antes do Pazo da Touza, sendo unha lonxitude de 1km e un desnivel do 60% con grandes curvas, polo que ofrece cada ano imaxes espectaculares ao  superar os vehículos os 70 km/h e sorprender sempre a orixinalidade dalgún dos carros de bolas. Neste escenario realizaranse varias mangas nas modalidades individual e colectiva.
 

 

Esta proba de carrilanas en Camos foi recuperada hai catro anos por Gerardo Ferreira, participante dende a súa orixe e impulsor dende a Asociación Eixo Tolo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.