Martes, 24 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 24 de Marzo de 2026 a las 21:01:47 horas

Xornal21.es
Lunes, 12 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Abre a Aula-Museo Antonio Fernández de Goián

A Aula-Museo Antonio Fernández, situada en Goián, a carón da praza do mesmo nome, segue aberta ao público durante o mes de agosto. Concretamente, ata o vindeiro día 23, entre as 11 da mañá e as dúas da tarde.

 

O espazo, no que se propón un percorrido pola vida e obra do pintor Antonio Fernández, a través de obxectos, documentos e fotografías do artista, conta con entrada de balde e para todos os públicos.

 

A Aula-Museo Antonio Fernández, creada polo Concello de Tomiño coa colaboración da Comisión Antonio Fernández, e inaugurada en 2014 en Goián, pobo natal do pintor, reúne numerosos obxectos e documentos persoais do pintor xa desaparecido, así coma algunha das súas obras, e se sitúa no edificio das vellas escolas de Goián, construídas nos terreos doados polo artista para ese fin.

 

A instalación, deseñada polo arquitecto Xavier Pousa (fillo do artista do mesmo nome, que fora discípulo de Antonio Fernández), sitúase na planta baixa do edificio, na ala dereita do mesmo, e consta dunha sala principal, na que se poden atopar documentos, bosquexos, debuxos e obxectos do pintor.

 

Nunha sala contigua, o museo recrea o estudo do pintor goianés, co seu cabalete, paletas e maletín.
Completan a instalación un busto en pedra de Antonio Fernández, obra de Xoán Piñeiro, que preside a entrada, e un equipo multimedia, con pantalla táctil, onde pode consultarse en detalle cada unha das obras e documentos expostos, así coma outros datos biográficos do pintor.

 

A Aula-Museo conta con rampla de acceso para persoas con discapacidade e cunha licenciada en Historia da Arte, que brinda información ao visitante.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.