NIGRÁN
O alcalde de Nigrán recibe aos dous nenos saharauis que pasan o verán no municipio
O Concello aportou 2.000 euros ao programa 'Vacacións en Paz' e destinará unha partida específica de 3.000 € no vindeiro orzamento
O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu a semana pasada aos dous nenos saharauis que están pasando este verán en Nigrán con familias de acollida. Os pequenos chegaron a primeiros de xullo e regresarán aos campamentos de refuxiados de Tindouf (Arxelia) en setembro. O Concello de Nigrán aportou 2.000 euros ao Programa 'Vacacións en Paz' de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui pero se comprometeu a destinar unha partida específica de 3.000 € no vindeiro orzamento.
Durante o encontro González entregoulles unhas mochilas co logo de “Nigrán” e diverso material. Ademais, falou cos cativos, que están a disfrutar moito en Galicia, e agradeceu públicamente o labor das familias que os acollen, recordando que o conflito saharaui é un conflito político ao que a comunidade internacional debe buscar unha solución que a propia ONU establece nun referendum de autodeterminación. "Ogallá algún día deixen de ter que vir porque signifique que xa están na súa casa, nun sáhara libre", sinalou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213