Martes, 10 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 11 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Vázquez e Arévalo avanzan a próxima adhesión do Concello de Mos ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía

A titular de Medio Ambiente e a rexedora mantiveron unha reunión na que abordaron a posible colaboración da Consellería en varios proxectos municipais en materia de xestión de residuos, espazos verdes e accións de divulgación ecolóxica

O Concello de Mos sumarase proximamente ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, unha iniciativa impulsada hai máis dunha década a nivel europeo para implicar tamén ás administracións locais na loita contra o cambio climático. Este foi un dos principais asuntos que abordaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, durante a reunión de traballo que mantiveron esta semana.

 

Neste sentido, a conselleira felicitou ao Concello pola decisión de sumarse a unha iniciativa que desde finais de 2017 a Xunta coordina y lidera en Galicia e que nestes momentos xa conta co apoio de 121 municipios galegos e doutros 22 que están aínda en trámite de adhesión. Pola súa parte, a rexedora aproveitou a xuntanza para interesarse polos pasos que deberá seguir agora o municipio de cara a oficializar a súa incorporación ao pacto e agradeceu o labor de apoio e asesoramento que brinda neste sentido a Consellería á hora de animar ás entidades locais a participar.

 

Así mesmo, Ángeles Vázquez e Nidia Arévalo tamén abordaron outros asuntos de interese para o Concello de Mos relacionados con áreas de competencia da Consellería. Concretamente, a alcaldesa trasladoulle que o seu equipo traballa en varios proxectos para a creación de sendas peonís e a mellora e acondicionamento dalgún paseo xa existente, así como nunha iniciativa para a posta en marcha dun centro de interpretación de natureza e ecoloxía de carácter multifuncional, que podería acoller distintos tipos de actividades e cursos de temática verde e medioambiental.

 

Ademais, tamén falaron sobre a xestión dos residuos urbanos en Mos e concretamente, do proxecto municipal para instalar un composteiro que recolla e trate os residuos orgánicos do municipio.

 

A conselleira, pola súa parte, escoitou con interese as propostas e iniciativas que está a impulsar o Concello de Mos nas áreas da súa competencia e comprometeuse coa alcaldesa a analizar as posibles vías de colaboración que ten o seu departamento para poder apoiar ao municipio nalgunha delas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.