Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 10:40:25 horas

Xornal21.es
Lunes, 12 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O goberno concreta cos portavoces da oposición o cumprimento da súa dedicación retribuída

O concelleiro de Bo Goberno e Transparencia, Roberto Mera, mantivo unha reunión cos portavoces do PP, Belén Villar, e de ACIP, Juan Carlos González, para concretar a forma na que se articulará a súa dedicación retribuída.

 

Os dous portavoces da oposición desfrutan dunha dedicación parcial cun salario bruto anual de 20.000 euros que os obriga a dedicar ao Concello alomenos o 65% da xornada, o que se traduce nunhas cinco horas diarias. No anterior mandato a xornada retribuóda da oposición era do 50% e 15.750 euros anuais polo que o aumento do seu salario é dun 30%. Os portavoces da oposición ademais de gozar dese soldo de 20.000 euros brutos anuais, realizan outras actividades profesionais e laborais privadas.

 

Mera explicou que “os salarios da oposición foron aprobados para que poidan contar con persoas que acudan ao Concello a diario a facer o seu traballo de control e fiscalización do goberno, consultar expedientes e documentación, facer consultas nos departamentos municipais ou asistir a reunións dos órganos colexiados”. O edil nacionalista engade que “darlle medios á oposición é fundamental nunha democracia, pero tamén é esencial a transparencia e por iso hai que concretar de que maneira Villar e González van cumprir esa dedicación principal e preferencial de cinco horas diarias ao Concello. Primeiro deben cumprir con esas cinco horas polas que cobran 20.000 euros e fóra desa xornada poden adicarse de forma secundaria aos seus negocios ou traballos, pero non á inversa”.

 

No encontro, o portavoz de ACIP Juan Carlos González adiantou que terá unha dedicación de 8 a 13 horas, aclarou que a súa dedicación é maior, pois a exerce tamén noutros horarios e solicitou medios materiais para atender as súas funcións. A portavoz do PP, Belén Villar, limitouse a solicitar que se lle informe por escrito para valorar a súa resposta. Mera agradeceu a González Carrera ter concretado a súa dedicación e comprometeuse a estudar e tentar atender as súas peticións de medios.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.