PROVINCIA
O Ministro Pedro Duque coñece no CTAG o impacto da automoción en Vigo e na súa área de influencia
A presidenta da Deputación, que exerceu de anfitrioa do Ministro na súa visita a Vigo, relatou a Pedro Duque as orixes da vinculación da cidade co automóbil
A importancia da automoción no desenvolvemento socioeconómico presente e futuro de Vigo e da súa área de influencia foi protagonista esta mañá na visita que xirou o Ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, acompañado da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e doutras autoridades, ás instalacións do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) no Porriño). O ministro mostrou a súa sorpresa pola innovación e adiantada tecnoloxía dos prototipos e dos novos produtos que se desenvolven no Centro e asistiu con Carmela Silva ás probas dun novo vehículo autónomo.
“Ata chegar a este momento no que somos unha potencia mundial”
A presidenta provincial explicou a Duque como a partir da instalación da factoría de Citroen creáronse na cidade de Vigo e na súa comarca moitas empresas auxiliares e relacionadas coa automoción, ata chegar á actualidade “na que somos unha potencia mundial, cunha actividade produtiva enorme ligada ás novas tecnoloxías e á investigación“. A presidenta provincial puxo en valor a existencia “desta grande área de coñecemento e de talento, vinculado ao sector do automóbil, que nos converte nunha referencia mundial en creación de novos produtos e moi internacionalizados, polo que hai un enorme interese para que esta industria da automoción siga tendo a opcións de maiores desenvolvementos”. Carmela Silva tamén puxo o aceno “nos moitos proxectos e novas inversións tanto tecnolóxicas como de todos os eidos, de gran profesionalización, que xa están a ser pioneiras en Europa”.
![[Img #55410]](https://xornal21.com/upload/images/08_2019/243_img_0871.jpg)
Amais da súa visita ás instalacións do CTAG, o Ministro completou a súa axenda en Vigo coa súa presenza a bordo do buque de investigación “Sarmiento de Gamboa” que inicia hoxe unha nova campaña científica, e o percorrido polas instalacións do Centro Oceanográfico de Vigo en Cabo Estai.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108