Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 14 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Preto de 600 novas prazas do programa “En Ruta coa Depo”

O programa da Deputación de Pontevedra oferta 32 rutas para que veciñas e veciños da provincia poidan realizar visitas guiadas por lugares emblemáticos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a segunda adxudicación das prazas do programa “En Ruta coa Depo”, unha iniciativa que que permite ás persoas participantes coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra. Máis polo miúdo, ofértanse 594 prazas correspondentes a 9 entidades que quedaron na lista de agarda da primeira adxudicación, quenda na que foron adxudicadas 19.951 prazas correspondentes a 296 entidades.

 

“En Ruta Coa Depo 2019” oferta este ano máis de 20.000 prazas distribuídas en 32 rutas por lugares emblemáticos da provincia divididas en rutas temáticas, rutas culturais, marítimas, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas dinámicas e interxeracionais. Esta iniciativa pretende mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais, promovendo a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, así como ofrecer alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación da provincia.

 

Amais, o obxectivo deste programa da Deputación de Pontevedra é dar a coñecer os distintos lugares da provincia de Pontevedra, dotar ás asociacións de recursos para promover o envellecemento activo, e tamén promover os valores máis importantes das Rías Baixas para que a xente os coñeza, se poida sentir orgullosa deles, coide o medio ambiente e adquira novos valores de respecto ao entorno. O contido do programa consiste en pasar un día de convivencia pola provincia, mediante acompañamento dun guía que conte coa habilitación de guía de turismo especializado de Galicia e inclúe xantar e transporte.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.