O PORRIÑO
O Secretario Municipal convoca o Pleno no que se instará á revisión de oficio da facturación rexeitada
O Porriño celebrará, á instancia do PP e pese á negativa da Alcaldesa, un pleno extraordinario para ordenar a revisión de oficio dos máis de 5 millóns de euros en facturas rexeitadas polo Goberno Municipal que permitirá abordar o pago con garantías aos provedores
Dende o PP sinalan que "ante a negativa da Alcaldesa a convocar o pleno extraordinario solicitado polos populares o pasado 18 de xullo para abordar o impago a provedores e os múltiples incumprimentos en materia ecónomica do executivo socialista, o Secretario Municipal convocou onte a sesión solicitada polo PP para o vindeiro 26 de agosto".
"Así, tras cumprirse os 15 días legalmente establecidos sen que Eva García convocara o pleno solicitado polo Grupo Municipal do PP, convócase obrigatoriamente dende a Secretaría Municipal. Coa pertinente documentación e informes, os populares instan á revisión de oficio da facturación pendente de pago dos anos 2016, 2017 e 2018, que ascende a máis de 5 millóns de euros, e que foi rexeitada de maneira sistemática polo goberno de Eva García, así como o inicio dunha investigación da facturación devolta que permita determinar canto se adebeda a cada provedor e elaborar a correspondente proposta de recoñecemento extraxudicial de crédito" explican os populares.
"Pese aos impedimentos postos pola Alcaldesa, conseguiremos que se investigue a xestión e a forma de contratación desta facturación para poder pagar con garantías aos provedores que prestaron os seus servizos ao Concello do Porriño e levan, moitos deles, anos sen cobrar", apuntou o voceiro dos populares, Alejandro Lorenzo, "Eva García terá que responder tamén e explicar a arbitrariedade coa que durante estes anos abonou as facturas a determinadas empresas mentres outras continúan sen cobrar".
Os populares pretenden deste xeito rematar coa opacidade coa que o Goberno Municipal do Porriño está encubrir a súa xestión económica, avalando estas explicacións á cidadanía cos correspondentes informes dos responsables de área e dos técnicos municipais sobre a manipulación ou duplicidade da facturación, os motivos polos que foi rexeitada, os prezos de mercado correspondentes a estes gastos así como os infomes sobre os administradores das empresas con maior facturación, coincidentes entre sí moitos deles.
"Poden mentir unha e outra vez e seguir desacreditándonos pero, como prometín, imos chegar ata o final para salvar a grave situación económica na que este executivo sumiu ao Concello do Porriño e a moitas empresas e autónomos que padeceron as consecuencias da xestión de Eva García e do seu goberno. Non van a conseguir calarnos", concluíu Lorenzo.ntabamos no noso goberno na mesma partida e cos que asegurabamos sobradamente non só a celebración de Porrigalia, senón de todos os festexos que se celebraban na vila. Se é certo que xa non dispoñen de cartos nesa partida, deberán explicar ás veciñas e veciños do Porriño en que se gastaron eses 700.000 euros no que vai de ano".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116