Domingo, 14 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 18 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán habilita o primeiro espazo de recreo para cans na Ramallosa

"Trátase dunha zona moi urbana onde había demanda por parte dos veciños dun espazo específico para cans", explica o alcalde

O Concello de Nigrán ven de habilitar o primeiro espazo específico de esparexemento para cans do municipio atendendo así a solicitude realizada por un grupo de veciños da Ramallosa. Este atópase no parque Carlos Casares (enriba da piscina mancomunada) e ocupa  350 metros cadrados en forma de 'L' que están deseñados para que os animais poidan estar soltos sen necesidade de correa. A superficie, de céspede natural, foi delimitada cun peche perimetral de malla metálica ríxida para garantir que os cans non escapen. Ademais, dotouse a zona de sanecáns para depositar os excrementos e de máis bancos, próximamente o parque será mellorado con elementos de distraccións específicos para este animais. Un panel informativo recorda as normas de uso, que inclúen a recollida obrigatoria de excrementos ou que estexa sempre vixiado polo seu dono. O parque foi realizado por operarios municipais e requiriu de moi pouca intervención, xa que o Concello optou por reconvertir esta zona de xardín infrautilizada neste novo uso.

 

"Trátase dunha zona moi urbana onde había demanda por parte dos veciños dun espazo específico para cans", explica o alcalde.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.