Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 15 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

A Policía Local de Gondomar leva 11 anos sen incorporar axentes á plantilla

O seu responsable considera unha "irresponsabilidade informar sobre o número de efectivos, a súa situación e os seus períodos de vacacións, posto que esta información comporta riscos innecesarios".

O xefe do Corpo da Policía Local de Gondomar, ven de emitir un comunicado no que informa respecto ás informacións vertidas nos medios de comunicación, redes sociais e taboleiros de anuncios dalgunha cafetería da vila sobre a situación do corpo.

 

"Como funcionarios públicos estamos sometidos diariamente ao escrutinio da cidadanía no exercicio das nosas funcións, e aceptamos como parte do noso traballo as críticas e as discrepancias que poidan xurdir. Atendemos as veciñas e os veciños, as súas necesidades, requirimentos e solicitudes, que día a día entran na Xefatura, e xestionamos as denuncias administrativas e xudiciais, e cando cometemos erros, que como seres humanos pode ocorrer, intentamos corrixilos, e de ser o caso, descúlpome persoalmente como responsable deste Corpo desde 2017" sinala.

 

O máximo responsable sinala que "as alegacións, as queixas e incluso as denuncias teñen uns procedementos que nunca poderán ser o linchamento mediante escritos anónimos ou en redes sociais por perfís falsos ou anónimos, porque este cargo que hoxe exerzo, representa un servizo público que non pode facer deixación de funcións nin omitir as súas obrigas e menos por presións deste tipo; máxime cando veñen acompañadas de actos de vandalismo nas dependencias policiais".

 

"A Policía Local de Gondomar forma parte do sistema de seguridade pública que ten cuberto o territorio municipal as 24 horas do día os 365 días do ano; deste xeito estamos coordinadas todas as forzas e corpos de seguridade a través de diversas salas, e Gondomar é un municipio moi seguro con índices de delincuencia relativamente baixos" explica.

 

"Na actualidade estamos en proceso de cubrir novas prazas policiais desde 2008, hai 11 anos que non se incorporan funcionarios de policía propios, pero isto require orzamentos, prazos e requisitos" indica o axente.

 

Por último, subliña o que considera "a irresponsabilidade que supón informar sobre o número de efectivos, a súa situación e os seus períodos de vacacións, posto que esta información comporta riscos innecesarios".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.