Martes, 16 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 15 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán organiza este xoves en Chandebrito unha noite de observación astronómica

Terá lugar a carón do castro de Chandebrito, no 'Bosque da Memoria', e se agarda que sexan todavía visibles as 'Bágoas de San Lourenzo'

O Concello de Nigrán ofrece esta noite de xoves 15 de agosto na parroquia de Chandebrito unha observación astronómica guiada pola 'Fundación Ceo, Ciencia e Cultura' (vinculada ao Observatorio Astronómico de Forcarei) na que, ademais, se agarda contemplar algunha perseida ou bágoa de San Lourenzo. Esta terá lugar ás 22:00 horas a carón do Castro de Chandebrito (no 'Bosque da Memoria') por estar afastado de todo tipo de contaminación lumínica e contar con gran bóveda celeste. Un ano máis, colabora a Asociación de Veciños O Castro de Chandebrito e a Comunidade de Montes. Os interesados en participar nesta observación (totalmente gratuíta e que estaba prevista para o sábado pasado pero o mal tempo obrigou a pospor) poden acudir directamente ao 'Bosque da Memoria' dende ás 21:30 horas ou, se descoñecen o lugar, presentarse en coche ás 21.00 horas no Concello de Nigrán, dende onde se organizará unha saída conxunta.  Dado o lugar da observación, é preciso levar lanterna, calzado cómodo e roupa de abrigo, ademais dunha manta ou toalla para sentarse no chan.

 

 

 

 

Os interesados deben presentarse ás 21.00 horas no Concello en vehículo propio ou ás 21.30 no torreiro de festas de Chandebrito, dende onde se partirá a pé ás 22.30 ao punto de observación elixido

 

 

 

 

O Concello de Nigrán iniciou esta actividade en agosto de 2015, reunindo xa na primeira edición a máis de duascentas persoas. Actualmente está  instaurada como unha das propostas de referencia no calendario de verán dentro do festival 'ChandeFolk' que tivo lugar o sábado pasado, sendo unha proposta ideal para dar a coñecer Chandebrito,  parroquia do interior de Nigrán con grandes atractivos naturais e que o goberno quere promocionar.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.