TUI
O bailarín tudense Ángel Giráldez formarase en San Petersburgo
Esta semana foi recibido polo alcalde e a concelleira de Cultura que destacaron o fito que supón acceder a esta prestixiosa escola
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, recibiron esta semana na casa do concello ao xove bailarín tudense, Ángel Giráldez, que aos seus 18 anos comezará en setembro os seus estudos na Vaganova Ballet Academy en San Petersburgo, fundada en 1738.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou que é todo un fito que un bailarín tudense se forme nesta prestixiosa escola internacional. Mentres a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicentes, apuntou que é un orgullo que este xove leve o nome de Tui até Rusia. Compartiron algúns minutos na alcaldía onde coñeceron o esforzo realizado po Ángel ao longo dos últimos anos para facer realidade o seu soño de ingresar nesta academia. Acompañado polos seus pais
Ángel Giráldez comezou de nenos a súa formación en ballet na Escola de Danza Paula Cobián, e tras un paréntese retomou as clases aos 12 anos soñando xa daquela con poder ir estudar a San Petersburgo. Os dous últimos anos estudou no Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma, en Madrid, onde cursou os dous anos de bacharelato. Este verán, ao igual que fixo nos dous anteriores, participou no Russian Masters Ballet Camp en Alacante, onde ao remate da gala celebrada no Teatro Principal, coñeceu a boa nova de que fóra admitido para cursar estudos na Vaganova Ballet Academy de San Petersburgo.
Previa a súa partida cara Rusia, prevista para mediados de setembro, estes días Ángel Giráldez, xunto aos seus pais, ultima os visados e trámites necesarios, mentres comeza a aprender tamén ruso.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163