O PORRIÑO
O Porriño tivo durante o ano pasado un saldo vexetativo positivo
Os datos aportados polo Instituto Galego de Estadística (IGE) son concluintes: O Porriño é o concello da provincia que mellor combate a crise demográfica. No ano 2018 O Porriño tivo un saldo vexetativo positivo, é dicir, máis nacementos que defuncións. Segundo o departamento do padrón municipal en 2018 tiveron 180 nacementos e producironse 121 falecementos no Porriño.
O dato inscríbese na tendencia positiva de crecemento poblacional que presenta O Porriño pois segundo recolle o Instituto Galego de Estadística, na última década Porriño medrou poboación con 2.626 habitantes, unha excepción fronte a dinámica galega de desertización demográfica.
“O Porriño está a medrar espectacularmente en todos os eidos. O crecemento demográfico está íntimamente vencellado coa recuperación económica que presenta noso pobo nos últimos anos, evidenciado en numerosos indicadores”, valorou Eva García de la Torre. A alcaldesa lembrou que o propio IGE refire que O Porriño “é o concello con mellor ratio que conta con máis altas de cotizantes da Seguridade Social, presentando a mellor ratio entre os concellos pontevedreses incluso que Vigo con 7.714 altas nos derradeiros dez anos”. Tamén a alcaldesa citou o dato publicado hai un mes pola Zona Franca que refería que “O Porriño é o concello co segundo mellor índice de dinamismo empresarial no ámbito da Zona Franca, despois da cidade de Vigo”. Segundo datos dese organismo público no primeiro semestre en Vigo crearonse 287 empresas. E a continuación é O Porriño o concello con máis sociedades creadas, nada menos que 35 novas empresas, grazas ó seu gran peso industrial cos polígonos de A Granxa e As Gándaras. Con respecto a outros concellos da área metropolitana, O Porriño supera a Nigrán e Redondela que contabilizan 16 y 15 novas empresas respectivamente. Nese eido a alcaldesa refiriu como “última evidencia” a chegada de Amazon coa estación loxística que instala este verán no Porriño coa repercusión que acadou a noticia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184