Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 22 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos ríos Vello e Peitieiros

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo nos treitos interurbanos destes ríos ao seu paso polos lugares de Borreiros e Touróns, respectivamente

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación nos ríos Vello e Peitieiros, no Concello de Gondomar.

 

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo nos treitos interurbanos destes ríos ao seu paso polos lugares de Borreiros e Touróns, respectivamente.

 

 

 

 

As actuacións enmárcanse no mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa que desenvolve Augas de Galicia

 

 

 

 

As obras inclúen o desbroce de maleza das marxes, a retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

 

O organismo hidráulico da Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

 

A Xunta, mediante este tipo de traballos, continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.