MOS
O Concello de Mos organiza unha excursión ó Parque Acuático de Amarante
Xa está aberto o prazo de inscrición
Un ano máis, e tras o éxito de afluencia de anteriores edicións, o Concello de Mos organiza unha excursión ao Parque Acuático de Amarante (Portugal), que se realizará o vindeiro 14 de setembro.
O prazo de inscrición nesta actividade rematará o 3 de setembro. O prezo da viaxe será de 10 euros para nenos de 5 a 11 anos de idade e adultos maiores de 65, e de 25 euros para o resto de persoas de 12 a 65 anos. O menores de 5 anos non terán que pagar e poderán acudir de balde.
As inscricións pódense facer no Rexistro Xeral do Concello de Mos ou nas oficinas da OMIX, no edificio Multiusos das Pozas, en horario de 09.00 horas a 14.00 horas; e os interesados en obter máis información sobre esta excursión poden chamar ó número de teléfono da OMIX 986 33 94 04 ou escribir a omix@concellomos.es
.
O xantar do día 14 de setembro será por conta de cada participante.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218