AS NEVES
As Neves destina o superávit á realización de obras de mellora dos accesos e alumeado
Tal e coma anunciara, o Goberno local de As Neves comeza a destinar o superávit de 2018 do Concello á realización de obras en todas as parroquias, empezando pola mellora dos accesos e do alumeado.
Traballos en estradas e camiños municipais
En base a ese anuncio, e no segundo Pleno do Concello deste mandato, o pasado martes, día 13, este aprobou, a proposta do Goberno local, cos votos a favor dos concelleiros do BNG e do PSdG-PSOE, unha modificación de crédito que permitirá destinar 179.000€ do devandito superávit a obras en diferentes camiños e estradas da vila.
Máis polo miúdo, destinaranse 29.913,98€ a pista de Barrela, a que une a pista deportiva coa Estación de FFCC, o Camiño de "Lucas" na Porqueira e unha pista no Casal; á mellora da pavimentación en camiños de Vilanova e Couto, ten un orzamento de 33.811,42€; os traballos na pista dende Casal da Vila ao Marquiño pasando pola Estrema, contará con 77.983,01€, e o acceso a Empiade, 37.084,44€.
Alumeado e mellora enerxética
Cumprindo con outro dos seus compromisos, o Goberno logrou que o Pleno votase a favor dun investimento de 62.998,75€ na mellora do alumeado na vila.
Este orzamento sumado as subvencións conseguidas do IDAE destinarase á proxectos de eficiencia enerxética nas parroquias de Tortoreos, As Neves, Vide, Setados e Taboexa. E nos vindeiros meses continuarase con demáis proxectos.
Ordenanza de Prevención de Incendios
Na mesma sesión da Corporación, o Goberno sacou adiante a aprobación inicial do Ordenanza Municipal Reguladora da Prevención de Incendios Forestais, que quedara pendente ao remate do anterior mandato.
O texto da ordenanza está publicado no portal web do Concello para dar audiencia aos cidadáns afectados e solicitar cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades.
A nova ordenanza, así mesmo queda sometida a información pública e audiencia dos interesados, con publicación no Boletín Oficial da Provincia e taboleiro de anuncios do Concello, para que no prazo de 30 días poidan presentar reclamacións ou suxestións, que serán resoltas pola Corporación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22