Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 20 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O goberno asegura que o “Doing Businness” está en trámites

Por outra banda o Goberno Municipal novamenete ten que desmentir ó PP posto que os traballadores de “Ascan sí están ó día con seus salarios

O Concello de Porriño está en trámites a través da Federación Galega  de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a súa adhesión ó protocolo “Concellos Doing Businnes” que ten que levarse a pleno para a súa aprobación definitiva. David Alonso, alcalde accidental de Porriño ata o vindeiro luns e concelleiro delegado de Emprego desmintiu ó Partido Popular que a través dun comunicado traslada que o goberno municipal “negaríase a implantar ésta entre outras medidas de apoio empresarial”.


“O voceiro da oposición descoñece ou ignora que hai un decreto da Alcaldía que solicitou á FEGAMP a adhesión o devandito protocolo e que ainda resta a súa aprobación polo pleno que levaremos á sesión de setembro”, manifestou o alcalde en funcións.


O Goberno Municipal volve a lamentar a “espiral de fotos con consellerios da Xunta de Galicia –algunha imaxe claramente sacada do arquivo como denuncia a vestimenta invernal- na que o voceiro local do PP tense instalado para facer unha oposición de pataleta permanente”.

 

Por outra banda, David Alonso tamén desmentiu outra información viciada do PP que tén afirmado que os traballadores de “Ascan” non tiveran cobrado ainda a nómina de xullo”. “É rotundamente falso: a plantilla da concesionaria de limpeza e desbroces cobrou os seus salarios o pasado día 15”, contestou o alcaldes accidental do Porriño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.