Lunes, 16 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 20 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Unha vintena de maquetas compoñen a Exposición «Arquitectura en Porispán» na Guarda

O pasado domingo día 18 de agosto a Casa dos Alonso acolleu a inauguración da Exposición «Arquitectura en Porispán», contando con varias obras de Ramón González González, baixo a organización de Infomaxe coa colaboración do Concello da Guarda.

 

A inauguración tivo na Casa dos Alonso, onde Ramón González González fixo unha breve explicación de como é o proceso de elaboración destas maquetas, contando ademáis coas intervencións do tenente-alcalde da Guarda, Anxo Baz e do representante de InfoMaxe, Celso Rodríguez.

 

Esta exposición conta con máis dunha vintena de maquetas nas que se inclúen varias representacións, como a Igrexa Parroquial da Guarda, a Igrexa Parroquial de Salcidos, a Capela de San Roque, a Capela das Mercedes, a Capela da Guía, a Capela de San Gregorio, a Capela da Virxe do Camiño de Rebordáns en Tui, a fachada do Concello do Rosal, o Centro Cultural da Guarda, entre outras.

 

Ramón González González leva 6 anos realizando estas maquetas empregando principalmente porispán e pinturas, cun minucioso traballo que representa a escala diferentes elementos arquitectónicos da nosa comarca.

 

Esta exposición estará nos baixos da Casa dos Alonso ata a primeira semana de setembro en horario de mañá de 9:00h a 14:00h e de tarde de 19:00h a 21:00h os días laborais, e en horario de 19:00h a 21:00h os días festivos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.