Xornal21.es
Miércoles, 21 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
DEPORTES
200 participantes na Travesia a nado Vila do Tea
O Domingo 18 de Agosto o Clube Natación Ponteareas organizó ,xunto á Federación Galega de Natacion, a IV edición da Travesia a nado "Vila do Tea".
Con récord de participantes tanto individuais coma de remudas, preto de 200 nadadores e nadadoras déronse cita nesta competición que está a converterse nun referente do Circuito Galego de Augas abertas do sur de Galicia.
Houbo presenza de nadadoras e nadadoras internacionais que amosaron gran nivel de forma e competitividade na proba raiña, a da categoría Élite, onde os participantes se enfrontaban a un circuito de 3600 metros. Gaspar Andrade e Aroa Silva se facían coa Victoria nesta proba élite masculina e feminina respectivamente.
Pero foron varias probas, distancias e categorías as que completaban todo o evento, que rematou cunha divertida e concurrida proba de remudas mixtas de 4x400 metros.
Mestura de deporte e natureza, a travesia Vila do Tea pon en valor a riqueza paixasística do río Tea ao seu paso por Ponteareas. Medrando ano tras ano, a vindeira edición, a 5.ª xa promete máis sorpresas na procura dos 200 participantes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163