MOTOR
O novo patinete eléctrico de Audi
Audi responde á tendencia cara a unha mobilidade multimodal nas grandes urbes cun novo concepto de patinete eléctrico. O Audi e-tron Scooter, que combina as vantaxes dun patinete eléctrico e as dun monopatín, está deseñado para usuarios que buscan unha opción deportiva. Cun peso de 12 kg, o e-tron Scooter pode encartarse para ser transportado comodamente no maleteiro dun automóbil, ou para manexalo coma se fose un trolley con rodas á hora de acceder ao tren ou a un autobús. Destaca, sobre todo, polo seu manexo, que se asemella a surfear sobre as ondas. O piloto pode manexalo cunha man libre, o que lle permite mirar de forma segura á súa ao redor, e facer sinais. A produción e a comercialización están previstas para finais de 2020.
Os clientes poderán adquirir o Audi e-tron Scooter a finais de 2020, por un prezo que se situará ao redor de 2.000 euros. Tamén será posible a súa utilización en frotas ou para grupos de usuarios específicos, por exemplo, residentes de modernas zonas urbanas. Unha opción adicional podería ser ofrecer o patinete eléctrico como un extra aos clientes que adquiran un modelo Audi e-tron, nese caso, o e-tron Scooter podería recargarse no maleteiro do vehículo a través dun enchufe. Os usuarios poden utilizar o patinete para cubrir convenientemente os seus “percorridos de último quilómetro” nas cidades, por exemplo, desde un lugar de estacionamento ou un punto de recarga para o seu vehículo eléctrico ata o seu destino final, a unha velocidade de ata 20 km/h.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163