SALVATERRA DE MIÑO
Aberto o prazo de inscrición para a DepoAndaina de Salvaterra
As persoas interesadas en participar nesta cuarta ruta programada pola Deputación de Pontevedra poderán anotarse ata o día 28 de agosto
A Deputación de Pontevedra acaba de abrir o prazo de inscrición para unha nova DepoAndaina, que se desenvolverá o día 1 de setembro polo concello de Salvaterra de Miño. Trátase da cuarta ruta das sete programadas nesta nova edición das DepoAndainas, que a institución provincial desenvolve para fomentar hábitos de vida saudable e promover o turismo.
O itinerario percorrerá, máis polo miúdo, o Parque da Canuda e o paseo fluvial á Illa de Fillabona, no Baixo Tea. É unha ruta só de mañá, no que as persoas inscritas poderán trasladarse a Salvaterra en autobús (as saídas serán desde a praza de Galicia de Pontevedra e a praza de España de Vigo), e terán un tempo de descanso despois da ruta para que podan afondar nos recursos turísticos da zona. Como no resto das DepoAndainas, a Deputación oferta 300 prazas, dirixidas a persoas de toda a provincia, independentemente da súa idade. Ademais, o Concello de Salvaterra poderá ofertar outras 50 prazas adicionais. As persoas interesadas en participar neste percorrido deberán cumprimentar o formulario de inscrición no apartado das DepoAndainas da páxina web www.depo.gal, con data límite do vindeiro 28 de agosto.
A programación continuará despois desta ruta coa quinta andaina, que se celebrará o 22 de setembro polo Bosque encantado en Cangas e polas Illas Cíes en Vigo (o prazo de inscrición se abre o 2 de setembro) e xa en outubro terán lugar as dúas últimas rutas: o día 6 polo monte de Santa Trega na Guarda e os muíños do Folón no Rosal (as persoas interesadas poderán apuntarse desde o 23 de setembro) e o día 12 pola ruta da Pedra e da Auga de Ribadumia (abre o prazo o 30 de setembro).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136