Sábado, 07 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 26 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

A Xunta recorda que as obras do vial do Parque da Gándara, en Salceda, son ilegais

A Xefatura Territorial de Infraestruturas e Mobilidade de Pontevedra asegura que o concello non conta coa autorización necesaria para realizar un entronque na glorieta de titularidade autonómica

A Xefatura Territorial de Infraestruturas e Mobilidade de Pontevedra lémbralle á alcaldesa de Salceda de Caselas, Dolores Castiñeira, que as obras que o municipio está a realizar para facilitar o enlace do vial de servizo da PO-510 á glorieta que dá acceso ao parque da Gándara non contan coa autorización necesaria.

 

Dende a administración autonómica, recórdanlle á rexedora que tanto o vial de servizo como a PO-510 son estradas de titularidade da Xunta de Galicia, e que para levar a cabo obras de mellora na mesma necesitan contar cun permiso por escrito e que “non todo vale”, segundo apuntou José Luis Díez, xefe territorial do departamento de Infraestruturas na provincia.

 

 

 

 

Ante a perigosidade que presentan os traballos de acceso realizados, a administración autonómica acaba de instalar medidas de seguridade para impedir a entrada na rotonda

 

 

 

 

Ante a perigosidade que supón a entrada de vehículos dende a vía de servizo á glorieta da PO-510, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade tomou a decisión de instalar medidas de seguridade que impiden o acceso á mesma. Estas medidas manteranse no tempo para garantir a seguridade viaria. Ademais, a administración autonómica acaba de abrir expediente sancionador ao concello pola súa actuación desleal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.