PONTEAREAS
O Hóckey Club Ponteareas e os clubs de patinaxe Luar e Tea organizan o Ponte Sobre Rodas
3x3 de hóckey, exhibición de patinaxe artístico, desfiles e concerto serán as propostas para a xornada de mañá venres
O complexo deportivo Álvaro Pino acolle ata mañá o III stage de tecnificación de hóckey organizado polo Hóckey Club Ponteareas en colaboración co concello de Ponteareas a través da concellería de Deportes e da concellería de Mocidade . Impartido por adestradores profesionais chegados do Liceo da Coruña e do propio club pontereán conta con adestradores específicos para porteiros e porteiras.
Durante o desenvolvemento do campus, os e as participantes recibiron a visita de xogadores de división de honor actual (Ok Liga), máxima categoría do hóckey en España.
Día do Patín
O Hóckey Club Ponteareas comeza o seu intenso traballo de recuperación do esplendor desta modalidade deportiva na nosa comarca e organiza en colaboración co club de patinaxe Luar e co club de patinaxe Tea para mañá venres a partir das cinco de tarde unha xornada que rende homenaxe ao patín. Deste xeito nace Ponte sobre Rodas, unha iniciativa que convida a gozar dos deportes sobre rodas. Deste xeito ás 17:00 horas na Praza Maior haberá un 3x3 de hóckey sobre patíns, de 19 a 19:45 hrs. terá lugar na mesma praza unha exhibición de patinaxe artístico e ás 20:15 un desfile. Ponte sobre Rodas remata co concerto de “Errantes” .
Durante toda a tarde tamén haberá xogos populares e clases de traballo de iniciación ao patinaxe.
A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, salienta o esforzo que as directivas dos tres clubs realizan na promoción do deporte entre a infancia e mocidade, contribuíndo a fomentar entre a sociedade hábitos de vida saudabeis.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163