Domingo, 26 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 29 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
OIA

O Concello de Oia contrata unha Técnica Forestal

O Concello de Oia acaba de contratar unha técnica forestal para reforzar o servizo de tramitación de limpeza de fincas, debido a gran cantidade de solicitudes formuladas, para contribuír a mellora da prevención de incendios forestais.


O contrato terá unha duración de 4 meses, prestando servizo no Concello os luns, xoves e venres.
Esta contratación resulta do segundo proceso de selección de persoal iniciado polo Concello, xa que o primeiro, iniciado no mes de marzo, quedou vacante.


As tarefas que realizará a técnica forestal será xestionar as  denuncias relacionadas coa Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios e a Lei 7/2012 de Montes de Galicia;  a comprobación do cumprimento ou non das obrigas de limpeza das parcelas; as demandas de información sobre autorización de cortas e queimas; a tramitación dos expedientes de corta ou queimas en núcleos e sobre denuncias de vertidos incontrolados; a información sobre a Lei de prevención e defensa contra incendios, fundamentalmente sobre distancias do arborado ás vivendas e obrigas dos propietarios forestais, dar charlas informativas sobre cuestións relacionadas coa prevención de incendios; as obrigas de limpeza das parcelas, etc.


Dende o Concello se recorda que os terreos dos núcleos tiñan que estar limpos antes do 31 de maio; así como as franxas de 50 metros en torno aos núcleos de poboación, edificacións e instalacións e franxas de 10 metros das estradas, que deben estar libres de maleza e árbores pirófitos.


Se lle vai a dar prioridade as fincas de maior risco para a poboación, recordando que se as limpezas de fincas non se executan poden ser obxecto de sanción ou limpeza subsidiaria, previos os trámites legais correspondentes, repercutindo o gasto aos propietarios.


En materia de prevención de incendios, a Alcaldesa sinala que “o Concello tamén asinou por terceiro ano consecutivo un Convenio coa Consellería de Medio Rural, para a cesión dunha motobomba e a subvención dos costes laborais de tres condutores, durante tres meses”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.