Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 29 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
O ROSAL

A Deputación de Pontevedra licita a mellora da mobilidade peonil na EP-3302 no Rosal

A institución provincial mantén aberto o prazo de presentación de ofertas ata o 12 de setembro co obxectivo de executar unha senda peonil que garanta unha mobilidade máis segura para a veciñanza

A Deputación de Pontevedra avanza na mellora do conxunto da rede de estradas provinciais dentro do seu obxectivo de garantir a accesibilidade e a seguridade viaria e peonil. Así, a institución provincial abordará, entre outras obras, a mellora da mobilidade peonil na EP- 3302 dende o PQ 1+365 e o 1+940 do Rosal. O período de presentación de ofertas por parte das empresas permanecerá aberto ata o 12 de setembro e o orzamento de licitación para acometer a actuación é de 178.743,39 euros.

 

Máis polo miúdo, a través desta actuación preténdese, entre outras cuestións, executar unha senda peonil en formigón coloreado cun trazado paralelo á EP-3302 pola súa marxe esquerda. Esta senda comezará no núcleo de Valdemiñotos en dirección sur-este (PQ1+940 ata o PQ1+365) ata o paso elevado que da acceso ao núcleo de San Miguel de Tabagón.  Deste xeito establecerase  un itinerario peonil segregado do tráfico rodado aportando unha alternativa de mobilidade máis segura para a veciñanza.

 

A actuación a realizar na EP-3302 tamén contempla a mellora da drenaxe lonxitudinal mediante cunetas de formigón e unha zona entubada na estrada provincial para recoller as augas procedentes do exterior da estrada.  Ademais, prevese a presinstalación do alumeado público a través dunha dobre tubaxe soterrada de PVC corrugado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.