Lunes, 13 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 30 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Trescentas persoas participarán este próximo domingo na DepoAndaina por Salvaterra

A cuarta ruta do programa da Deputación, que esgotou as prazas antes de finalizar o prazo de inscrición, transcorrerá polo parque da Canuda e o paseo fluvial á Illa de Fillabona, no Baixo Tea

A cuarta das sete DepoAndainas programadas este ano pola Deputación de Pontevedra, que se celebrará este domingo 1 de setembro, esgotou xa as 300 prazas postas a disposición de todas as persoas da provincia pola institución provincial. A maiores, o Concello de Salvaterra poderá ofertar outras 50 prazas adicionais.

 

As 300 persoas inscritas farán un percorrido que levaralles polo Parque da Canuda e o paseo fluvial á Illa de Fillabona, no Baixo Tea. É unha ruta só de mañá e a Deputación de Pontevedra pon a disposición das persoas inscritas autobuses desde Pontevedra e Vigo (con saídas desde a praza de Galicia no primeiro caso e desde a praza de España da cidade olívica) para que poidan desprazarse ata o punto de encontro (o Parque da Canuda, ás 10 da mañá).

 

As DepoAndainas, o programa de rutas que desenvolve a Deputación para fomentar hábitos de vida saudable e promover o turismo sustentable, entrarán logo na súa recta final. En setembro se celebrará o itinerario polo Bosque encantado en Cangas e polas Illas Cíes en Vigo e, xa en outubro, terán lugar as dúas últimas rutas, polo monte de Santa Trega na Guarda e os muíños do Folón no Rosal, e pola ruta da Pedra e da Auga de Ribadumia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.