Lunes, 13 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 29 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O Concello de Salvaterra de Miño celebra o fin de curso das piscinas

Música, inchables, diplomas e moita diversión para despedir o verán en Salvaterra de Miño

Máis de 70 persoas se deron cita este verán nos cursos de natación que organizou o Concello de Salvaterra de Miño nas  piscinas municipais nos meses de xullo e agosto. Dous meses de diversión e aprendizaxe a partes iguais, onde os nosos monitores traballaron con nenos e nenas a partir dos 4 anos ata adultos, sen límite de idade.   


Con este tipo de actividades en grupo búscase potenciar valores transversais como o é o compañeirismo, algo moi a ter en conta sobre todo na formación dos máis pequenos, ademais de facer exercicio e aprender a nadar.
Nos cursos clasifícanse os grupos por idades para que non existan grandes diferencias tanto na carga como na complexidade das tarefas.


O venres 30 de agosto, o Concello de Salvaterra ten previsto un acto de clausura no que os nenos e nenas e os maiores recibirán o seu diploma e gorro, ca cor que alcanzaron nas súas respectivas clases. Ademais durante a maña poderán desfrutar de xogos, música e inchables para despedir o verán xunto os seus monitores.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.