Miércoles, 11 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 30 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

O entorno do Pazo de Mos acolle o seu quinto festival intercéltico

‘O Son do Pazo’ conta en cartel este ano con Arume, Pepe Vaamonde Grupo e Airiños da Freba entre outros

Esta semana celebrouse a presentación do V Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’. O acto tivo lugar no Pazo de Mos coa asistencia de Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais, Camilo Augusto, alcalde en funcións, Juana María Moreno Blanco, presidenta do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, Victoria Alonso, responsable da área de Cultura da Deputación de Pontevedra; e demais membros da directiva do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia (entidade organizadora do Festival) e da Fundación Pazo de Mos.


O Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’ é un festival de música folk que se vai realizar en Mos, concretamente no entorno do Pazo de Mos, os días 13 e 14 de setembro. Esta vai a ser a quinta edición, para a cal contarase con grandes grupos do mundo folk; pretendendo que este Festival sexa un referente da música galega, tanto neste Concello como na zona sur de Galicia e norte de Portugal.


[Img #55823]Este evento está organizado polo Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, (con sede no Pazo de Mos), contando coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello de Mos, Fundación Pazo de Mos e Deputación de Pontevedra.


Respecto do mesmo, o alcalde en función do Concello de Mos, Camilo Augusto, agradeceulles encarecidamente hoxe a todos os que o fan posible, os seus traballo e colaboración “tanto á entidade organizadora Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia, como a colaboración da consellería de Cultura e Turismo, hoxe representada polo director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo”, dixo.


Obxectivo do Festival
A idea principal é consolidar este evento como un referente da música galega, pasando a formar parte dunha das citas máis importantes do panorama folk. Tamén se persegue o obxectivo de converter este evento nun festival intercéltico onde o público poida gozar  da música de grupos da cultura Celta.


Os asistentes a este Festival contarán cun lugar para poder realizar acampada libre e así poder disfrutar dos dous días de concertos. A acampada, totalmente gratuíta, poderá facerse no Pavillón Patricia Martínez, xunto ao Colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos.


A programación constará dos seguintes concertos e actividades: o venres 13 de setembro a partir das 22:30 horas haberá actuacións de Airiños do Castelo, Böj e Algarabía.


O sábado 14 de setembro ás 13.00 horas a sesión vermú contará cos concertos de Zurrumalla e Regueifas (Lupe Blanco e Bieito Lobariñas). Ás 17.30 horas comezará o espectáculo a cargo de Os Monifates (animación de rúa). Ás 19.00 horas Edel Duff ofrecerá un obradoiro aberto de baile irlandés. E ás 18.30 horas e 20.30 horas haberá Treboada-Pasarrúas no que actuará Treboada Baixo Miño.


Os concertos do sábado noite chegarán pisando forte coa Banda de Gaitas Atlántida de Matamá e Arume ás 21.30 horas, seguidos de Pepe Vaamonde Grupo e Airiños da Freba.


Os intermedios durante o cambio entre concertos serán amenizados musicalmente neste caso pola Banda de Gaitas Airiños do Castelo.


Comer e beber en ‘O Son do Pazo’
O recinto do Festival contará no seu interior con varios Food Truck e bar para que ninguén pase fame e todo o mundo poida comprar de comer e de beber sen desprazarse nin saír do recinto. Ademais os postos de artesanía son xa unha constante dende a primeira edición.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.