Miércoles, 25 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 24 de Marzo de 2026 a las 21:03:38 horas

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 29 de Agosto de 2019 Tiempo de lectura:
Tomiño

Atrapada tras envorcar o seu coche en Tomiño

As 18:00 horas desta tarde unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para informar dun coche envorcado e da posibilidade dunha muller atrapada no interior do vehículo, na estrada que une Tui e Tomiño, en Currás.

 

Nada mais recibir o aviso, os xestores do 112 puxeron en alerta aos Servizos Sanitarios de Urxencias de Galicia-061, aos Bombeiros de Baixo Miño, ao GES da Guarda, aos axentes de Tráfico, da Policía Local e a Protección Civil de Tomiño.

 

Unha  vez no punto, os membros do GES comunicaron que a ferida non estaba atrapada polos ferros, senón que, debido ao impacto, a porta do vehículo atrancouse e presentaba dificultades para evacuar á persoa, que finalmente, foi liberada polos Bombeiros e trasladada polo persoal sanitario ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.