Redondela
Falece en Redondela ao bater o seu coche contra un camión
O condutor dun turismo perdeu a vida a pasada noite en Redondela despois de que o vehículo no que viaxaba chocase contra un camión que, nese momento, atopábase estacionado.
O accidente tivo lugar na Avenida de Redondela, ao fío das 23:55 horas.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia tiveron que excarcerar o corpo sen vida do condutor, ao quedar atrapado no interior do coche.
Foi unha persoa particular quen daba a voz de alarma ao 112 Galicia e, decontado, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Porriño e de Vigo, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Redondela.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91