VIGO
Vigo achégase a histórica cifra de 300.000
A cidade está a punto de acadar os 300.000 habitantes
Abel Caballero informou que, a 25 de agosto, a cidade contaba cun total de 299.040 persoas censadas, case 1.000 máis que o pasado mes de xaneiro, polo que Vigo está a un paso de acadar a histórica cifra de 300.000 habitantes
"É unicamente unha curiosidade, pero tamén un dato significativo". O alcalde de Vigo, Abel Caballero, desvelou este en rolda de prensa que a cidade está a punto de acadar os 300.000 habitantes, unha cifra histórica nunca lograda ata o de agora. "Creo que é froito do optimismo e o crecemento da cidade", sinalou o rexedor na súa comparecencia ante os medios de comunicación. Segundo explicou, o censo municipal do pasado 25 de agosto marca un total de 299.040 empadroados, cando o pasado mes de xaneiro era de 298.054. Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) de xaneiro indicaban que a cifra era de 295.323 habitantes, polo que alcalde engadiu que haberá que esperar aos datos finais.
A cidade está a punto de acadar os 300.000 habitantes"É unicamente unha curiosidade, pero tamén un dato significativo". O alcalde de Vigo, Abel Caballero, desvelou este en rolda de prensa que a cidade está a punto de acadar os 300.000 habitantes, unha cifra histórica nunca lograda ata o de agora. "Creo que é froito do optimismo e o crecemento da cidade", sinalou o rexedor na súa comparecencia ante os medios de comunicación. Segundo explicou, o censo municipal do pasado 25 de agosto marca un total de 299.040 empadroados, cando o pasado mes de xaneiro era de 298.054. Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) de xaneiro indicaban que a cifra era de 295.323 habitantes, polo que alcalde engadiu que haberá que esperar aos datos finais.




































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149